Páginas

Páginas

domingo, 31 de enero de 2021

 

              30 de XANEIRO - DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

"Debuxando un mundo en paz", así é como titulamos o mural de todo o centro educativo co que conmemoramos o Día da Ilustración e o Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Baixo este lema, e aproveitando a obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, pretendemos reflexionar sobre a necesidade de abrir a nosa mente, baleirala de prexuízos e enchela só de comprensión, empatía, respecto, diversidade e liberdade. 

Construír un mundo mellor baixo as regras da tolerancia, solidariedade, altruísmo e amor é posible, non obstante, soamente o acadaremos co compromiso colectivo e a aceptación da responsabilidade individual na súa consecución.

GRAZAS A TOD@S POLO VOSO COMPROMISO! 

Aquí vos deixamos algunhas fotiños...








sábado, 23 de enero de 2021

     


        O prometido é débeda, así que hoxe imos presentarvos a actividade que preparou Xalín para a conmemoración do mes da Ciencia: "ELABORACIÓN DE XABÓN". Imaxinades por que escolleu este experimento? 

    Seguro que nuns segundos atopades a resposta. So tedes que pensar na práctica cotiá que tod@s levamos a cabo para protexernos do coronavirus e que tanta importancia ten hoxe en día, máis que nunca. 

    Non obstante, dicirvos que todo este proceso foi posible grazas á familia de dúas alumnas do cole, Angela e Belén Basanta Rivas, quenes se brindaron a colaborar co centro dándonos a coñecer o segredo para a súa elaboración. Aproveitamos, de feito, dende este medio, para trasladarlle o noso reiterado agradecemento. 

    E sen máis deixámosvos coas fotos e vídeos que amosan o moito que gozaron os nen@s desta    proposta, por, se ademais, vos queredes animar a probar na casiña!!!





           


 Decontado traeremos máis novidades!!! 






lunes, 11 de enero de 2021

 

     UN RATIÑO CON XALÍN. UN SORBO DE LECTURA NO PATIO.

 Non hai mellor maneira de darlle a benvida a este 2021 que deixarse aloumiñar pola lectura nos tempos de lecer e mais, se cabe,  hoxe no noso sollío patio. Grazas os voluntari@s de 6º por brindarse a participar nesta fermosa actividade e permitirnos a tod@s os oíntes soñar e viaxar con el@s.  


A lectura é, sen dúbida, a chave universal que abre todas as portas... a auga capaz de mitigar a máis insaciable sede. 



Deixádevos empapar deste sorbos tan fresquiños....