27 MARZO
DÍA MUNDIAL DO TEATRO
27 MARZO
DÍA MUNDIAL DO TEATRO
XARDÍN POÉTICO DE ROSALÍA
Marzo é un mes cargado de días sinalados. A chegada da primavera abre as portas a conmemoracións moi destacadas como son:
-21 de marzo: Día da Poesía e o Día da árbore
-22 de marzo: Día Mundial da Auga
Días moi especiais e significativos por todo o que representan.
Por un lado temos dous piares fundamentais para a vida que actúan conxuntamente para regular o clima, purificar o aire e abastecernos de auga doce. Por outro, unha ferramenta potentísima para desenvolver a creatividade, a empatía, a expresión de sentimentos e a intelixencia emocional.
Unindo todas estas temáticas e, en colaboración, con Voz Natura inauguramos o Xardín Poético de Rosalía. Un espazo botánico creado dentro dunha das zonas verdes do noso cole onde os nenos/as das diferentes aulas plantaron diversas especies: un limoeiro, unha roseira, amorodos, romeu, lavanda, violetas, pensamentos, oliveira, xazmín, camelia...
Todas estas plantas forman parte dos poemas e outras obras literarias da gran poetisa galega, Rosalía de Castro, e sobre as que se editou o marabilloso libro " O herbario de Rosalía". Herbario que serviu de faro durante esta actividade e que, sen dúbida, une á perfección: poesía, plantas e mesmo, auga; fundamental no planeta Terra.
SEMANA DA PRENSA
NA ESCOLA
8M- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Ao longo da historia a loita das mulleres pola igualdade de dereitos, condicións laborais, participación política, recoñecemento... foi unha realidade en todas as partes do mundo. O 8M conmemora e reivindica a súa valía en igualdade ca do home e pretende visibilizar o seu papel imprescindible na sociedade do pasado, presente e futuro.
Este curso o alumnado de todos os niveis educativos deu a volta ao planeta investigando en profundidade a biografía de moitas mulleres relevantes que acadaron fitos moi, moi importantes e romperon unha barreira no seu momento. Mulleres que abriron camiños e que nos amosaron a tod@s que os anhelos e as metas non teñen xénero; so traballo, adicación e esforzo.
Por continentes:


