25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Amar é ante todo respectar, dar ás para voar e motivos para quedarse; camiñar en paralelo perseguindo soños, sumar mais nunca restar. Aceptar e respectar que cada un ten dereito e liberdade para escoller a súa felicidade é un obxectivo que so a través da educación esperemos algún día poidamos acadar de verdade. Homes e mulleres debemos aprender a convivir compartindo sorrisos, en ningún caso, provocando bágoas.
Para que algún día se acabe todo este pesadelo, alumn@s e mestr@s manifestámonos o 25 de novembro. No acto os nenos/as de 5º alzaron a súa voz por todos nós lendo un manifesto de rexeitamento ante calquer forma de violencia e convidádonos a todos á reflexión para un cambio real.
Así mesmo, todas as aulas participaron na elaboración dun mural conmemorativo froito da lectura e análise común do libro Nin un biquiño á forza de Marion Mebes. Bicos e palabras encheron esta obra cun único obxectivo: loitar para que a violencia de xénero chegue, dunha vez por todas, ao seu fin.
Aquí podedes ver o acto de manifestación:
NUNCA MÁIS!!!