lunes, 30 de noviembre de 2020

 Nun brinquiño pequeniño chegou NOVEMBRO... Xalín non ten parada e, tendo en conta o que lle gustan os sorrisos, era lóxico que pensase nunha actividade de repulsa pola Violencia de Xénero. 

Así foi como todos os nenos/as colaboraron na creación dun mural reivindicativo baixo o lema "Deixádenos voar" facendo alusión a liberdade que tod@s merecemos e empregando bolboretas como símbolos do voo libre individual. 

 Nas aulas para propiciar o debate, a reflexión e o pensamento crítico empregáronse os seguintes contos: 











Estade agora moi atentos/as porque Xalín está organizando a conmemoración do Mes da Ciencia. Non vos pode contar moito porque é un pequeno segredo que iredes descubrindo nas vindeiras semanas....Como adelanto dicirvos que coñeceredes a unha científica  e que vós vos convertiredes tamén en científicos.. .. SÍ, SÍ, TÓCAVOS INVESTIGAR.... 

 Que será, que será? 

Hai unha familia do cole que xa ten unha solución.!!!



 

 


 

 

        

 


 

E chegou o mes de OUTUBRO e con el, Xalín, inquedo e rebuldeiro argallou e argallou ata preparar  unha morea de actividades diferentes para que todos os nenos e nenas se divertisen á vez que continuaran no marabilloso camiño da aprendizaxe.

 
Para conmemorar a SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, o alumnado de 6º preparou unha obra que representou o día das Bibliotecas para os demais compañeir@s por videoconferencia a través da plataforma WEBEX.  A súa vez o alumnado de 5º empregou a app de Flipgrid para a gravación de entretidos contos co obxectivo da posterior reprodución nas diversas aulas.

Paralelamente, puxéronse en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS en Ed. Primaria e as BOLSAS DE LECTURA en Ed. Infantil que este ano ata levan....UN XOGO!!!

Non obstante, este curso Xalín dixo que quería encher de maxia e aventuras cada un dos recunchos de todos os fogares dos nenos e nenas e por iso este ano os libriños visitarán todas as vosas casiñas, respectando eso sí a corentena obrigatoria, por suposto.



Pero as palabras están presentes en todo o que nos arrodea, non so nos libros, ... ata nos poden chegar por MEGAFONÍA!! Os nenos/as tamén participaron no reto "OLLA A PALABRA DO DÍA". Cada aula ilustrouna cunha creatividade espectacular... Non vos parece?



 

E así rematou, nun abrir e pechar de ollos, este fabuloso mes... 

 

AVENTURAS CON XALÍN....

BENVID@S RAPACES E RAPAZAS!

 
Xalín está que non colle en si da ledicia de podervos ver a tod@s de novo. Encántalle comprobar  como as vosas cariñas se iluminan mentres vos mergullades, en todas e cada unha das historias dos libriños da súa casiña, a biblioteca

E sabedes como Xalín adiviña que estades led@s e sorrindo detrás da máscara?

Porque cos ollos tamén podemos rir! E el así, a través das vosas miradas, pode saber a felicidade que sentides lendo. Fixádevos ben na próxima visita que lle fagades, decatarédesvos de que el tamén sorrí detrás da máscara.

E tal foi o entusiasmo co que Xalín preparou a benvida que deseñou unha morea de actividades e retos para todos vós.

De feito, comezou xa no mes de SETEMBRO preparando uns carteis informativos de cal é o protocolo, é dicir, as normas que todos e todas temos que cumprir cando estamos na biblioteca.  Ata preparou uns "semáforos" para organizar o aforo porque, como tamén xa sabedes, so podemos estar 12 persoas  ao mesmo tempo dentro. Seguro que os recoñecedes á primeira.... Mirade, mirade....

Continuará....

 

 

 

 

 

23 ABRIL - DÍA DO LIBRO

  23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO,  CITA EN FAMILIA CO CÓMIC. Cada 23 de abril conmemorase o Día Mundial do Libro para promover o desfrute dos lib...