viernes, 25 de octubre de 2019

24 DE OUTUBRO, DÍA MUNDIAL DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro é o Día Internacional das Bibliotecas e desde o CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz queremos celebralo de unha forma especial. O alumnado de sexto enviou unha carta a todo o persoal do centro para convidar a unha representación teatral que tivo lugar hoxe día 25 de outubro na Casa da Cultura de Meira. Os obxectivos da obra de teatro foron: dar a coñecer o funcionamento da nosa biblioteca, animar aos nenos e nenas do cole a que usen este espazo para ler, presentar a nosa mascota Xalin aos máis pequenos e tratar de que os nenos e nenas vexan nos libros o grande tesouro que son para o coñecemento e que aprendan a valoralos. 
Os nenos e nenas de 6º fixérono fenomenal conseguindo de sobra cumprir os seus obxectivos.



viernes, 4 de octubre de 2019

Semana do Clima


Durante toda esta semana estase a celebrar a nivel mundial a “Semana Internacional do Clima”. O 20 de setembro de 2019 convocouse unha folga  escolar a favor da protección do medio ambiente. Esta folga foi considerada a máis exitosa da historia  e foi secundada por adultos, organización ecoloxistas, etc. Detrás de todo este movemento está a activista sueca Greta Thunberg, precursora de esta iniciativa ambiental  baixo o slogan “Fridays for Future” (Venres para o Futuro).

Seguindo a pequena moza de 16 anos, decenas de miles de estudantes, maniféstanse  cada venres nunhas 300 cidades de todo o planeta, co obxectivo de concienciar os líderes mundiais sobre os desastres climáticos que estamos a vivir.

O noso centro, CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz, súmase a esta iniciativa ecolóxica, convocando para este venres 27 de setembro, unha manifestación, donde  o  noso alumnado mostrou as súas inquedanzas sobre o cambio climático. Os/as alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria, leron un manifesto elaborado por eles/as mesmos/as tratando o tema, elaboraron pancartas que quedaron fixadas na entrado do colexio, recitaron poemas… co único obxectivo de crear conciencia sobre o problema ambiental que se está a vivir.

















SEMANA DA PRENSA

    SEMANA DA PRENSA  DO 4 AO 8 DE MARZO Estes días celebramos no centro a Semana da Prensa na Escola. O xornal como material didáctico ten ...