viernes, 7 de febrero de 2020

XA ESTÁN AQUÍ AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!!!

Este mes de febreiro comezaron a funcionar as mochilas viaxeiras para todos os niveis de Primaria. Cada mochila conterá varios libros: un que lles ensinará a mellorar a convivencia, outro libro de experimentos, un libro vinculado coa música, outro de información sobre o tema que se está a tratar na súa clase e outro de inglés. 
Cada familia terá a mochila durante unha semana e nun caderno viaxeiro expoñerán as súas vivencias coa lectura e un dato importante é que as familias proporán melloras de cara ao vindeiro curso que serán tidas moi en conta.



REVISTA PETISCOS 2025-2026

  REVISTA PETISCOS  2025 /2026 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca despois dunha intensa viaxe dentro e fóra das aulas. Nestes dez me...