domingo, 31 de mayo de 2026

PROXECTO " A VOLTA AO MUNDO"

 PROXECTO 

" A VOLTA AO MUNDO"

Rematamos o curso e con el o proxecto no que nos mergullamos en outubro, ao comezo. Todas as aulas investigaron sobre un continente e os traballos resultantes quedaron expostos polos corredores do cole para a aprendizaxe colectiva. A maiores por ciclos, organizáronse pequenos encontros para intercambiar coñecementos ao final, en xuño.

 Actividades que promoven a lectura e a súa comprensión, por tanto, a competencia lectora,  fomentan a expresión oral, escrita e plástica e, por suposto, o tratamento da información  (búsqueda, selección, resumo, contraste de fontes....) ao tempo que traballan a xestión emocional e o traballo en equipo. 

Deixámovos aquí fotos de todos os traballos! Noraboa, viaxeiros/as; noraboa a todos polo voso esforzo! 




                           


























VÍDEO



viernes, 29 de mayo de 2026

LECTURA E FAMILIAS- LYDIA BOTANA

 LECTURA E FAMILIAS

Uníndoo co proxecto de "A volta ao mundo" queremos convidarvos a todos/as: familias, nenos e profesorado a compartir un tempo de viaxe polas diferentes culturas. Unha viaxe a través da música e dos diferentes instrumentos da man da pedagoga musical galega, Lydia Botana, autora ademais da obra, De aquí para alá. 

Para iso so tedes que inscribirvos no enlace enviado dende o centro por ABALAR. 

Mil graciñas. 

Animádevos!




ELBE.2- FORMACIÓN PARA FAMILIAS

 FORMACIÓN PARA FAMILIAS DE 5º E 6º DE EP

E-LBE. 2


A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ofrece un novo seminario para familias arredor das ferramentas que ofrece E-LBE.2, unha plataforma virtual con moitos libros en formato dixital,  para ler cos nosos fillos/as, especialmente no verán.. 

Os  interesados/as so tedes que pinchar na imaxe e remitaravos a un formulario de inscrición. 

Boa lectura!





viernes, 22 de mayo de 2026

SEMANA DO LIBRO

SEMANA DO LIBRO

Cada 23 de abril conmemórase o Día Mundial do Libro para poñer en valor a lectura, a cultura e todo o que os libros nos fan sentir. 

 A data non é froito da casualidade, senón que busca render unha merecidísima homenaxe a escritores da literatura universal como os grandes: William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Garcilaso de la Vega. 

O poder dos libros é inexplicable: permítennos a explorar outras perspectivas do mundo, aportándonos coñecemento e sabedoría;  ensínannos valores e principios para mellorar as relacións persoais a través da xestión emocional e da empatía. En definitiva, son piares para a construción dunha sociedade máis  humana. 

Así, os libros e a lectura foron os eixos centrais para a celebración,  xa non tanto do día en sí, senón da semana. 

Por un lado,  o día 24 levamos a cabo  unha actividade de contacontos grazas a Inma Soto, quen a través das súas obras : Xela, superheroína de aldea e Xela, aventura na fraga nos convidou a coidar e respectar o noso patrimonio natural. Libros para a concienciación medioambiental, sen dúbida. 


      



Por outro banda, para o luns 27 Xalín convidara a todo o alumnado a unha actividade de apadriñamento lector. Non obstante, as condicións metereolóxicas impedíronnos  levala a cabo ata onte, case un mes despois!! Por fin...xuntos/as saímos ao parque da vila, ao Parque Profesor Río Barja, a compartir  merenda, lectura e aventura. 











Ademais, o alumnado de Educación Infantil asistiu a un obradoiro de marcapáxinas e participou activamente nunha fermosísima iniciativa para intercambiar libriños: O TROCACONTOS. 




A lectura continuará acompañándonos os 365 días! Grazas a tod@s!!!


viernes, 15 de mayo de 2026

CLUB DE LECTURA- CAN DE PALLEIRO


                                                                                                         

 QUECO E KIKA

A lectura de Queco e Kika, da autora galega Eva Mejuto permitiunos afondar sobre os cans, en especial,  sobre unha raza autóctona de Galicia: o Can de Palleiro. 

Isto levounos a buscar información sobre el e centrámonos na recollida na ficha técnica desta raza publicada no portal da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e nos diversos textos informativos publicados en xornais, en concreto no de A Voz de Galicia.

Ficha técnica (Consellería de Medio Rural)




A partir de aí,  gravamos un podcast para compartir todo o aprendido sobre esta raza tan intelixente, tan   tan galega e tan nosa.  Esperemos que vos guste moito!

Grazas rapaces e rapazas! Bo traballo!

PODCAST: CAN DE PALLEIRO

miércoles, 13 de mayo de 2026

ENCONTRO INTERXERACIONAL



O venres 8 maio o alumnado de 5º de Ed. Primaria que participa este curso no programa de Bibliotecas Solidarias tivo a oportunidade de compartir un tempo marabilloso coas persoas usuarias da Residencia de maiores de Meira. 

Un encontro que une xeracións, que ensina e enriquece como ningún outro. Este ano uníndoo co proxecto do cole as actividades xiraron arredor da xeografía, da nosa vila (Meira) e tamén do noso país, percorrendo  as  súas CC.AA e provincias. 

 Non obstante, tamén houbo espazo para o cálculo mental e a lectura. Pequenas propostas por "estacións" nas que participaron todos e todas, maiores e pequenos/as, intercambiando palabras de agarimo, xestos de apoio e comprensión, respecto, solidariedade e empatía. 

Cabe destacar o precioso momento que vivimos con Marisa, quen con moita paixón nos recitou o fermosísimo poema de Avelino Díaz, " As xestas".

 Agradecemos  a tod@s as persoas por acollernos cos  brazos abertos e tamén polo fabuloso agasallo que nos entregaron, un mapa político de España moi grande!









REVISTA PETISCOS 2025-2026

  REVISTA PETISCOS  2025 /2026 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca despois dunha intensa viaxe dentro e fóra das aulas. Nestes dez me...