jueves, 27 de enero de 2022

 

                                                                            NOVIDADES  😉😉😉😉😉😉😉😉😉!!!!!

       Días atrás os voluntarios e voluntarias da Biblioteca estiveron montando algunha cousa.

 


E, por fin, estes días inauguramos un novo recanto na biblioteca: 

Mirade o que nos mandou Xalín para darnos a coñecer o recanto: 


A idea deste recanto é investigar e crear sobre algún tema de interese nestes primeiros días de ano. Investigaremos sobre o fantástico mundo das aves. Alí poderemos atopar libros, contos, enciclopedias e xogos para investigar, e material artístico para crear.


Xa vos iremos amosando todo o que aprendemos e facemos! 

Ata pronto. 





sábado, 22 de enero de 2022

CLUB DE LECTURA

                                            CLUB DE LECTURA: LEO, LEO....QUE LES?





Camiña sempre pola vida como si tiveses algo novo que aprender e faralo. 

Vernon Howard.

 

A entrada do novo ano trouxo consigo novos propósitos e horizontes.

 Entramos así no 2022 dándolle a benvida ao club de lectura LEO, LEO...QUE LES? 

As primeiras sesións, as citas inaugurais, dos grupos de 3º, 4º , 5º e proximamente 6º espertaron no alumnado un amplo abano de emocións e sentimentos positivos; dende a ilusión, a intriga, a esperanza, pasando pola maxia e a curiosidade ata a atracción e motivación pola lectura. 

Neste senso, cabe destacar que un club de lectura reporta innumerables beneficios: 

- Ler en compañía divirte, multiplica os matices e expande horizontes. 

- Fainos coñecer diversos puntos de vista, potenciando a empatía.

- Ábrenos os ollos fronte a xéneros literarios que tal vez non nos asomaramos por iniciativa propia. 

- Permite aprender e desenvolver habilidades sociais e comunicativas para a vida persoal. 

Son tanto, deste xeito, as vantaxes que ofrece como as actividades que nel se poden desenvolver. Deixámosvos coa reportaxe gráfica das sesións de apertura do CLUB.  (Fai clic no enlace)

 Club de Lectura: 3º As viaxes de Ruki. 

Club de Lectura 4º: Pan con chocolate

Club de Lectura 5º: Douche a miña palabra

Lembrade que mensualmente irémosvos contando novos capítulos desta fascinante aventura. 

Deica logo!!


viernes, 21 de enero de 2022

 MOCHILAS VIAXEIRAS

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura. 

(Bibliotecas  Escolares de Galicia)



E esa maxia foi a que impulsou a Xalín a preparar as MOCHILAS VIAXEIRAS  para o alumnado de 1º a 6º. Non obstante, moi atentos/as porque proximamente o alumnado de Infantil gozará tamén desta fabulosa iniciativa coas súas BOLSAS VIAXEIRAS      que contarán ata con moitas máis sorpresas se cabe. 

E chámanse así, porque adoran viaxar dun fogar a outro e agasallar con momentos para compartir en familia.  Pero, non vaiades a pensar que so hai lecturas, tedes tamén CDs para cantar e bailar, para aprender novas linguas e mesmo un caderno para debuxar ou expresar as vosas sensacións, sentimentos, emocións, vivencias... É dicir, que podedes vós tamén viaxar coa imaxinación sen saír da casa a calquera parte do universo. 

Deixádevos levar por esa maxia!!! Feliz viaxe a tod@s!


 

VOLUNTARIADO COLABORANDO CO MANTEMENTO  DA BIBLIOTECA ESCOLAR



O voluntariado de 5º  estivo colaborando na montaxe duns carriños para unha actividade que se vai comezar a desenvolver no centro nas vindeiras semanas. Este alumnado con gran compromiso e disposición aceptou o reto desta proposta STEAM sendo moi fructífero o seu traballo. 

Aproveitamos este medio para trasladarlles a tod@s, tanto de parte de Xalín, como de todo o equipo da Biblioteca escolar, o agradecemento pola súa impliciación e cooperación. 

GRAZAS POLO VOSO MAGNÍFICO TRABALLO. ✌



 

CREANDO EXPECTATIVAS. 

RECANTOS EN CONSTRUCIÓN



 

Xalín e o seu equipo de biblioteca, preocupados por atender todas as necesidades e intereses dos nenos e nenas, están a construír diferentes recantos, é dicir, espazos, repartidos polo colexio para dar resposta a todas as demandas que van chegando. 

Estade moi atentos/as  porque pronto descubriredes a finalidade e uso de cada un deles. De feito, vós tamén podedes aportar suxerencias ou propostas se así o considerades ou se botades en falta algo que vos gustaría. 

Queremos que sexa un colexio integrador, aberto e dinámico; con proxectos e iniciativas diversas onde tod@s poidades satisfacer as vosas curiosidades, motivacións e ganas de aprender. 

Prestade moita atención a todo o que vai ir xurdindo....Agardade pacientes polas novidades!!!

SEGUIMOS TRABALLANDO!!

Ata pronto!



BIBLIO-ART

  BIBLIOART Co transcurso dos meses foron chegando os retos de BIBLIO-ART e os nenos/as estiveron dispostos a afrontalos con valentía, exper...