HORA DE LER:
Se queres aventura,
lánzate á lectura
Outubro tróuxonos un cambio de horario no cole e, con el, un tempo extra para gozar do pracer de ler. Así, o día 1 despois do período de lecer reunímonos todos/as, alumnado e profesorado, para facer entrega das caixas para as aulas. Unhas caixas que agora encheremos cos libros que máis nos apetezan dos moitísimos que hai na Biblioteca Escolar. Lembrade que Xalín agárdanos con miles de lecturas onde escoller.
Non faltedes!

No hay comentarios:
Publicar un comentario