CLUB DE LECTURA
Xalín aínda ten na memoria a todos os/as lectores/as do Club de Lectura do curso pasado e non quixo perder a oportunidade de lanzar a invitación para acoller na súa casa a todos os nenos/as aventureiros/as que este ano desexan continuar ou comezar a compartir lecturas, experiencias e momentos arredor dunha gran historia.
Porque... detrás de cada unha desas historias alguén tivo que tomar a fabulosa decisión de crear ese mundo, ás veces real, ás veces imaxinario; elexir as palabras e decidir o destino das personaxes. Un reto moi intenso pero tamén moi gratificante. Todo autor/a se sente reconfortado/a cando conecta coa persoa lectora e esta non para de devorar os libros, perdendo a noción do tempo. Non hai mellor recompensa.
E así foi como nesta última semana a campaña de formación de Club rematou. Acabaremos de preparar a maleta e rumbo á...... lectura!
Estade moi atentos/as!

No hay comentarios:
Publicar un comentario