Non volo podedes perder!
sábado, 25 de abril de 2026
O RADIOVISUAL DO PATRIMONIO
ENCONTRO COA ESCRITORA: IRIA MISA
ENCONTRO COA ESCRITORA: IRIA MISA
Poucas cousas hai tan máxicas como ler un libro que te atrape e despois ter a sorte e o privilexio de coñecer a súa autora. Por iso, estes días vivimos o encontro con Iria Misa coma un verdadeiro agasallo.
Os nenos/as pertencentes ao Club de Lectura do cole... Leo, leo...que les? leron este curso dúas obras desta escritora. Por un lado, 3º e 4º de Ed. Primaria, leron Unha veciña de película e 5º e 6º, A cidade do átomo.
Así, estaban moi ilusionados/as e tamén intrigados/as por moitas das cuestións que arrodean a estas dúas obras literarias e, porque non dicilo, por coñecer a Iria dende o seu lado máis persoal. Ela entregada resolveu todas as dúbidas e curiosidades. Cabe destacar o impacto e interese que tivo para os nenos/as descubrir o acontecido o 26 de abril 1986 coa explosición da Central Nuclear de Chernóbil.
As lecturas achégannos á historia, á memoria e tamén son excelentes fíos condutores para a reflexión e para destapar unha realidade que ás veces nos negamos a ver.
Infinitas grazas; Iria Misa.
VOLUNTARIADO- BIBLIOTECAS SOLIDARIAS
I ENCONTRO MULTICULTURAL - LECTURA E FAMILIAS
I EXPO UNIVERSAL ENCONTRO MULTICULTURAL LECTURA E FAMILIAS Viaxar abre a nosa perspectiva cara ao mundo que nos rodea, fomenta a tolerancia...








