martes, 22 de diciembre de 2020

 

ABRÍMOSLLE A PORTA AO NADAL!!!

E así, nun abrir e pechar de ollos  chegou o NADAL!! Unha época máxica de ilusión, esperanza , sentimentos e... cargadiña de AGASALLOS!!
Este ano os alumnos e alumnas de 6º quixeron debuxarnos a tod@s un sorriso cun fermosísimo  agasallo lector que nos deixa unha mensaxe chea de positivismo para comezar o 2021 cos mellores desexos que nos poidamos imaxinar. 
 


 
 
 
FELICES FESTAS!!

lunes, 30 de noviembre de 2020

 Nun brinquiño pequeniño chegou NOVEMBRO... Xalín non ten parada e, tendo en conta o que lle gustan os sorrisos, era lóxico que pensase nunha actividade de repulsa pola Violencia de Xénero. 

Así foi como todos os nenos/as colaboraron na creación dun mural reivindicativo baixo o lema "Deixádenos voar" facendo alusión a liberdade que tod@s merecemos e empregando bolboretas como símbolos do voo libre individual. 

 Nas aulas para propiciar o debate, a reflexión e o pensamento crítico empregáronse os seguintes contos: 











Estade agora moi atentos/as porque Xalín está organizando a conmemoración do Mes da Ciencia. Non vos pode contar moito porque é un pequeno segredo que iredes descubrindo nas vindeiras semanas....Como adelanto dicirvos que coñeceredes a unha científica  e que vós vos convertiredes tamén en científicos.. .. SÍ, SÍ, TÓCAVOS INVESTIGAR.... 

 Que será, que será? 

Hai unha familia do cole que xa ten unha solución.!!!



 

 


 

 

        

 


 

E chegou o mes de OUTUBRO e con el, Xalín, inquedo e rebuldeiro argallou e argallou ata preparar  unha morea de actividades diferentes para que todos os nenos e nenas se divertisen á vez que continuaran no marabilloso camiño da aprendizaxe.

 
Para conmemorar a SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, o alumnado de 6º preparou unha obra que representou o día das Bibliotecas para os demais compañeir@s por videoconferencia a través da plataforma WEBEX.  A súa vez o alumnado de 5º empregou a app de Flipgrid para a gravación de entretidos contos co obxectivo da posterior reprodución nas diversas aulas.

Paralelamente, puxéronse en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS en Ed. Primaria e as BOLSAS DE LECTURA en Ed. Infantil que este ano ata levan....UN XOGO!!!

Non obstante, este curso Xalín dixo que quería encher de maxia e aventuras cada un dos recunchos de todos os fogares dos nenos e nenas e por iso este ano os libriños visitarán todas as vosas casiñas, respectando eso sí a corentena obrigatoria, por suposto.



Pero as palabras están presentes en todo o que nos arrodea, non so nos libros, ... ata nos poden chegar por MEGAFONÍA!! Os nenos/as tamén participaron no reto "OLLA A PALABRA DO DÍA". Cada aula ilustrouna cunha creatividade espectacular... Non vos parece?



 

E así rematou, nun abrir e pechar de ollos, este fabuloso mes... 

 

AVENTURAS CON XALÍN....

BENVID@S RAPACES E RAPAZAS!

 
Xalín está que non colle en si da ledicia de podervos ver a tod@s de novo. Encántalle comprobar  como as vosas cariñas se iluminan mentres vos mergullades, en todas e cada unha das historias dos libriños da súa casiña, a biblioteca

E sabedes como Xalín adiviña que estades led@s e sorrindo detrás da máscara?

Porque cos ollos tamén podemos rir! E el así, a través das vosas miradas, pode saber a felicidade que sentides lendo. Fixádevos ben na próxima visita que lle fagades, decatarédesvos de que el tamén sorrí detrás da máscara.

E tal foi o entusiasmo co que Xalín preparou a benvida que deseñou unha morea de actividades e retos para todos vós.

De feito, comezou xa no mes de SETEMBRO preparando uns carteis informativos de cal é o protocolo, é dicir, as normas que todos e todas temos que cumprir cando estamos na biblioteca.  Ata preparou uns "semáforos" para organizar o aforo porque, como tamén xa sabedes, so podemos estar 12 persoas  ao mesmo tempo dentro. Seguro que os recoñecedes á primeira.... Mirade, mirade....

Continuará....

 

 

 

 

 

jueves, 21 de mayo de 2020

#MOMENTIÑOS DA CORENTENA

Os nenos e nenas de 1º tamén se animaron a plasmar os seus momentos máis especiais da corentena. Aquí os deixamos para que lles botedes unha ollada. Mirade, mirade. 

MATEO





MARÍA




ALBA

ÁLEX


CARMEN


CLAUDIA


EDUARDO



LUA 


lunes, 18 de mayo de 2020

#MOMENTIÑOS DA CORENTENA

Os nenos e nenas de 3º tamén queren compartir os seus momentos especiais... Mirade!

Kassandra

Aleix 

Claudia 
Paula


 Iker

Diego


#MOMENTIÑOS DA CORENTENA

Presentámosvos os mellores momentiños do alumnado de 5º de primaria!!! Agardamos que vos gusten!!












sábado, 16 de mayo de 2020

# MOMENTIÑOS DA CORENTENA

O momentiño de CELIA de infantil 4 anos foi...


#MOMENTIÑOS DA CORENTENA

Ola de novo! Os nenos e nenas de Infantil 5 anos estabamos agardando outro RETO e novamente o superamos. Aqui vos deixamos os nosos mellores momentiños da corentena.


MARIELA

TIAGO
DANIELA

JULIA

LOLA


MIRIAM

NANCY

SAÍNZA

SAMANTHA
BRUNO

ZAIRA

ALEX
ZOE

ANGEL
MARTÍN

SEMANA DA PRENSA

    SEMANA DA PRENSA  DO 4 AO 8 DE MARZO Estes días celebramos no centro a Semana da Prensa na Escola. O xornal como material didáctico ten ...