E chegou o mes de OUTUBRO e con el, Xalín, inquedo e rebuldeiro argallou e argallou ata preparar unha morea de actividades diferentes para que todos os nenos e nenas se divertisen á vez que continuaran no marabilloso camiño da aprendizaxe.
Para conmemorar a SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, o alumnado de 6º preparou unha obra que representou o día das Bibliotecas para os demais
compañeir@s por videoconferencia a través da plataforma WEBEX. A súa vez o alumnado de 5º empregou a app de Flipgrid para a gravación de entretidos contos co obxectivo da posterior reprodución nas diversas aulas.
Paralelamente, puxéronse en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS en Ed. Primaria e as BOLSAS DE LECTURA en Ed. Infantil que este ano ata levan....UN XOGO!!!
Non obstante, este curso Xalín dixo que quería encher de maxia e aventuras cada un dos recunchos de todos os fogares dos nenos e nenas e por iso este ano os libriños visitarán todas as vosas casiñas, respectando eso sí a corentena obrigatoria, por suposto.
Pero as palabras están presentes en todo o que nos arrodea, non so nos libros, ... ata nos poden chegar por MEGAFONÍA!! Os nenos/as tamén participaron no reto "OLLA A PALABRA DO DÍA". Cada aula ilustrouna cunha creatividade espectacular... Non vos parece?
E así rematou, nun abrir e pechar de ollos, este fabuloso mes...
No hay comentarios:
Publicar un comentario