BENVID@S RAPACES E RAPAZAS!
E sabedes como Xalín adiviña que estades led@s e sorrindo detrás da máscara?
Porque cos ollos tamén podemos rir! E el así, a través das vosas miradas, pode saber a felicidade que sentides lendo. Fixádevos ben na próxima visita que lle fagades, decatarédesvos de que el tamén sorrí detrás da máscara.
E tal foi o entusiasmo co que Xalín preparou a benvida que deseñou unha morea de actividades e retos para todos vós.
De feito, comezou xa no mes de SETEMBRO preparando uns carteis informativos de cal é o protocolo, é dicir, as normas que todos e todas temos que cumprir cando estamos na biblioteca. Ata preparou uns "semáforos" para organizar o aforo porque, como tamén xa sabedes, so podemos estar 12 persoas ao mesmo tempo dentro. Seguro que os recoñecedes á primeira.... Mirade, mirade....
Continuará....
No hay comentarios:
Publicar un comentario