viernes, 20 de diciembre de 2019

"VISITA DE PAPÁ NOEL"

Hoxe remata o primeiro trimestre do curso e chega o tan esperado Nadal. No cole tivemos unha visita moi especial. Papá Noel veu visitarnos e trouxo agasallos para todos. Pese o frío que pasamos, valeu moito a pena esperalo. Os rapaces e rapazas déronlle debuxos o Papá Noel que recolleu con moito cariño.  Tamén houbo agasallos para todo o persoal do centro. Gracias Papá Noel!!!!




VISITA DE ANXO MOURE

Onte visitounos Anxo Moure e foi xenial. Ensinounos a amar e respectar a Natureza. Tamén nos falou do Apalapador, tocounos a frauta, bailamos e sobre todo, aprendimos moito del, ao tempo que nos divertimos. Esperamos velo de novo polo noso cole!!!!









viernes, 13 de diciembre de 2019

DECEMBRO: MES DA FELICITACION

Este mes de decembro é moi especial no cole. Desde o Equipo de Biblioteca estamos a celebrar o MES DA FELICITACIÓN. Todos os nenos e nenas do cole están a facer as súas felicitacións navideñas para mandárllelas aos seus seres queridos. Ademais este ano intercambios postais navideñas cun centro educativo inglés, grazas á colaboración da nosa auxiliar de conversa, Amanda e por suposto a mestra de inglés, Toñita. Os nenos/as están moi ilusionados en recibir postais de tan lonxe.





viernes, 29 de noviembre de 2019

"NOVEMBRO: MES DA CIENCIA"

Durante o mes de novembro festexamos o "MES DA CIENCIA". Foron moitos os experimentos que fixemos e o ben que o pasamos facéndoos. O Equipo de Biblioteca organizou experimentos para todos os niveis do cole. Todos participaron, desde os máis cativos ata os maiores. Foi unha experiencia positiva e enriquecedora xa que é moito o que se aprende e o que se desfruta. REPETIREMOS!!!








jueves, 28 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O luns 25 de novembro, desde o CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz mostramos a nosa repulsa contra a violencia machista. A educación xoga un papel fundamental na loita contra este tipo de violencia. 






martes, 19 de noviembre de 2019

¡¡¡A FESTA DO MAGOSTO!!!

O venres 8  de novembro celebramos o Magosto no cole. Foron moitos os xogos que fixemos no polideportivo vinculados todos eles coa castaña: as castañas no paracaídas, planta a castaña, roda a castaña, a castaña de man en man...
Pasámolo moi ben!!!!!!!  e ao final dos xogos degustamos estes maravillosos froitos do outono.














BIBLIO-ART

  BIBLIOART Co transcurso dos meses foron chegando os retos de BIBLIO-ART e os nenos/as estiveron dispostos a afrontalos con valentía, exper...