lunes, 5 de octubre de 2026

HORA DE LER

 HORA DE LER:



Se queres aventura, 

lánzate á lectura

Outubro tróuxonos un cambio de horario no cole e, con el,  un tempo extra para gozar do pracer de ler. Así, o día 1 despois do período de lecer reunímonos todos/as, alumnado e profesorado, para facer entrega das caixas para as aulas. Unhas caixas que agora encheremos cos libros que máis nos apetezan dos moitísimos que hai na Biblioteca Escolar. Lembrade que Xalín agárdanos con miles de lecturas onde escoller.

Non faltedes! 


viernes, 25 de septiembre de 2026

CLUB DE LECTURA: LEO, LEO...QUE LES?

CLUB DE LECTURA



Xalín aínda ten na memoria a todos os/as lectores/as do  Club de Lectura do curso pasado e non quixo perder a oportunidade de lanzar a invitación para acoller na súa casa a todos os nenos/as aventureiros/as que este ano desexan continuar ou comezar a  compartir lecturas, experiencias e momentos arredor dunha  gran historia.
Porque... detrás de cada unha desas historias alguén tivo que tomar a fabulosa decisión de crear ese mundo, ás veces real, ás veces imaxinario;  elexir as palabras e decidir o destino das personaxes. Un reto moi intenso pero tamén moi gratificante. Todo autor/a se sente reconfortado/a cando conecta coa persoa lectora e esta non para de devorar os libros, perdendo a noción do tempo. Non hai mellor recompensa. 

E así foi como nesta última semana a campaña de formación de Club rematou. Acabaremos de preparar a maleta e rumbo á...... lectura!
Estade moi atentos/as!

jueves, 24 de septiembre de 2026

A VIAXE CONTINÚA! BENVID@S! RUTA 26-27


PRÓXIMO DESTINO....GALICIA!



 Xalín regresou das vacacións coa ilusión de volver a acompañar a aprendizaxe de todos os nenos e nenas mentras goza da ledicia desbordante, dos xogos compartidos, das risas espontáneas e do balbordo cheo de vida que xeran os cativos/as cando son felices. 

Este ano convídanos a quedarnos pretiño, a admirar e estudar a paisaxe galega, reflexo dun pacto milenario entre terra, mar e humanidade. Impúlsanos a poñer en valor o noso patrimonio material e inmaterial, dende os castros, as lendas, a música... cada elemento conta  a historia dun pobo único, irrepetible.

Temos moito que informarnos sobre a nosa Comunidade porque ten moito que ofrecernos. Así que, tal como nos adianta o cartel de Bibliotecas Escolares de Galicia,  da información ao coñecemento! Coñezámola a fondo!








martes, 23 de junio de 2026

REVISTA PETISCOS 2025-2026

 REVISTA PETISCOS 

2025/2026

Rematamos o curso con moi bo sabor de boca despois dunha intensa viaxe dentro e fóra das aulas. Nestes dez meses vivimos moitas experiencias enriquecedoras e aprendizaxes inesquecibles que hoxe queremos compartir con vós.  

Aquí vos deixamos o enlace desta xenial revista : PETISCOS 

FELIZ VERÁN

viernes, 19 de junio de 2026

VOLUNTARIADO- BIBLIOTECAS SOLIDARIAS

AGRADECEMENTO AOS VOLUNTARIOS/AS DA BE



Lonxe quédanos o 5 de decembro, un día especial para os voluntarios e voluntarias. É a data establecida pola ONU en 1985 para homenaxear o labor desinteresado e o impacto positivo que millóns de persoas aportan á sociedade  dun xeito sempre totalmente altruísta. 

Pero que nos quede lonxe no calendario non quere dicir que non poidamos adicarlles un día a maiores e recoñecerlles a súa valía, especialmente aos nosos voluntarios/as da Biblioteca Escolar. 35 nenos/as de 5º e 6º que este curso se animaron a colaborar en diversas tarefas amosando  xenerosidade, compromiso e empatía: apadriñamentos lectores aos máis pequenos/as, tarefas de xestión e organización dos préstamos, lectura e outras actividades para as persoas usuarias do centro de maiores de Meira ou para os meniños/as da escola infantil, preparación de podcast na Radio... 

A súa disposición, entrega e colaboración hoxe viuse recompensada cun pequeno agasallo por parte do centro (mil graciñas á profe Eva, experta na cortadora láser) e tamén por parte da Consellería de Educación, órgano que lles recoñece do mesmo xeito a súa adicación e esforzo. 

Moi merecido rapaces/rapazas! Non esquezades nunca que o que nos fai grandes son os pequenos detalles do día a día!

Agora a gozar do verán! Xalín está moi orgulloso e agarda que a experiencia fose gratificante!






CONSTRUÍNDO COMUNIDADE: ENTREVISTA AO PERSOAL DE COCIÑA

CONSTRUÍNDO COMUNIDADE: 

ENTREVISTA A ADRIÁN, EVA E MÓNICA


Alumnado de 6º de Ed. Primaria realizou unha entrevista, dentro do programa de Radio Escolar, ao persoal de cociña do centro interesándose polo importante labor que Adrián, Eva e Mónica desempeñan día a día. 

Tamén tiveron curiosidade por coñecer o funcionamento dun servizo tan especial coma este para o noso cole, especialmente porque acolle dúas quendas diaros. Nas primeira os usuarios/as son os nenos/as de Ed. Infantil e Primaria e na segunda quenda son os rapaces e rapazas do IES Pedregal de Irimia, centro educativo de secundaria tamén da nosa vila. 

Grazas, nosos cociñeiros/as!

miércoles, 17 de junio de 2026

VOLUNTARIADO- ASIA

ASIA 

O mércores, 17 de xuño alumnado voluntario de 6º que participa en Bibliotecas Solidarias presentounos o continente asiático a través dun pódcast. Un programa no que viaxamos en tren grazas á  Radio Escolar. Un percorrido por toda a súa cultura, dende os seus instrumentos ata a súa gastronomía, un continente espectacular para os cinco sentidos. 

Dende a locomotora impulsada por uns e unhas locutoras moi aventureiras entrevistaron tamén a unha pasaxeira moi coñecida e especial para o cole, Mariluz Iglesias López. Mariluz foi mestra durante moitos anos  aquí no noso centro e é, na actualidade,  membro do comité do Consello Editorial da Revista Galega de Educación. 

Ela achegounos a esta prestixiosa revista, concretamente ao número 93, adicada ao potencial da Radio escolar como ferramenta educativa. Un exemplar que recolle múltiples experiencias e vivencias doutros centros educativos de Galicia. 


A gozar da viaxe,  pasaxeiros/as!

lunes, 15 de junio de 2026

VOLUNTARIADO- PODCAST OCEANÍA.

 

OCEANÍA

Alumnado voluntario de 5º que participa en Bibliotecas Solidarias presentounos un novo continente,  Oceanía,  a través dun podcast " Destino Oceanía".  Descubrimos así a súa biodiversidade, a cultura maorí e os contrastees xeográficos de Australia e Nova Zelandia. 

Non deixades de escoitalo! 

Parabéns rapazas e rapaces! Canto aprendemos!


viernes, 5 de junio de 2026

I ENCONTRO MULTICULTURAL - LECTURA E FAMILIAS

I  EXPO UNIVERSAL

ENCONTRO MULTICULTURAL

LECTURA E FAMILIAS

Viaxar abre a nosa perspectiva cara ao mundo que nos rodea, fomenta a tolerancia e permítenos experimentar de primeira man tradicións, linguas, gastronomía... un patrimonio que as veces non valoramos como se debería. 

Así que...que mellor que as persoas nativas deses lugares nos ensinen a súa cultura? Foi así como xurdiu a proposta de pedir colaboración ás familias chegadas doutros países e continentes. Finalmente, grazas a súa xenerosidade, implicación e dedicación conseguimos organizar un encontro moi enriquecedor e educativo. 

Deste xeito preparamos no centro 6 espazos, 6 stands, un por continente polos que en grupos ían pasando e sellando o seu pasaporte, como bo/a viaxeiro/a. Trasladámonos así  por, Marrocos (África), Venezuela, Cuba e Colombia (América), Portugal (Europa) e China (Asia) con guías turísticas marabillosas, as familias do alumnado do centro nativas neses países. 

E, como tiñamos que dar a volta ao mundo á Antártida e a Oceanía tamén había que ir!! Por suposto, conseguímolo!  Grazas a dúas mestras xeniais do cole, Sonia e Rocío e a nenos/as de 5º que participaron en parte da presentación. 

Coñecemos así diferentes linguas, moedas, bandeiras, platos típicos, traxes, instrumentos, animais, hábitats, tradicións, tipos de casas....e fixemos experimentos con luz, azucre, grans de café,  papiroflexia, escritura en árabe, arte de puntillismo aborigen, decoración do galo de Barcelos, tatuaxes de "henna"...

Unha xornada para repetir...sen dúbida! En nome de todo o centro o noso máis sinceiro agradecemento ás familias e profes polo voso compromiso! E, por suposto, aos nenos/as;  foron uns/unhas turistas súper curios@s, respectuos@s e agradecid@s. 

Aquí vos deixamos unhas fotiños!

ÁFRICA-MARRUECOS





EUROPA-PORTUGAL







ASIA CHINA






AMÉRICA- COLOMBIA, CUBA E VENEZUELA












OCEANÍA

+

     





ANTÁRTIDA







VOLUNTARIADO- PODCAST ANTÁRTIDA

                                                                 ANTÁRTIDA                                         

Parte do alumnado voluntario que participa no programa Bibliotecas Solidarias estivo traballando durante o curso na elaboración e gravación dun audio que recolle a viaxe á Antártida. 

Aquí vos deixamos imaxes da gravación na Radio Escolar e, por suposto, como non podía ser doutro xeito....O PÓDCAST!!! Non volo podedes perder!

ENLACE AO PÓDCAST!





LECTURA E FAMILIAS- LYDIA BOTANA

"DE AQUÍ PARA ALÁ"



Rematamos unha semana intensa, cargadiña de actividades. Hoxe, 5 de xuño tivemos o pracer de poder contar con Lydia Botana, quen a través da súa obra De aquí para alá nos convidou a viaxar polo mundo ao son de diferentes músicas e instrumentos. Aspectos culturais moi enriquecedores que definen cada parte do planeta e o converten en especial e única. 

Así gozamos co acordeón, co piano, cas claves, cas maracas, ca calimba ...e bailamos ao son da samba, por exemplo. Un divertido e apaixonado percorrido con Bolboreta polas danzas que moven ás persoas de todos os continentes. 

Foi unha actividade organizada para nenos/as e familias, dentro do programa  Lectura e familias, que por cuestións de aforo se desenvolveu na Casa da Cultura da nosa vila. 

Mil graciñas a Lydia e a Vivi, por conducirnos polo marabilloso mundo da cultura musical, do patrimonio inmaterial que nos arrodea e nos alegra a vida. 







lunes, 1 de junio de 2026

ENCONTRO COA AUTORA- EVA MEJUTO

ENCONTRO CON EVA MEJUTO

Hoxe, 1 de xuño, tivemos a visita de Eva Mejuto no cole,  autora de dous libriños que limos no Club de Lectura, Queco e Kika  e  O día que choveron gatos. Contounos en que se inspirou para escoller os títulos, os nomes dos diferentes personaxes e mesmo adiantounos que haberá 2º parte de cada un deles. Ademais respondeu a moitas preguntas xa de índole máis persoal como escritora. Así, sabemos que madruga moito para atopar o momento ideal, creativo e tranquilo e que prefire apoiarse nas novas tecnoloxías á hora da escritura aínda que as notas e apuntes sempre moito mellor á man. 

A sesión pasouse rapidísimo e quedáronnos inquedanzas pero quen sabe...se en vindeiros cursos volveremos a ter ocasión! Estaremos pendente  da 2º parte, de cada un deles! 

Graciñas, Eva!





HORA DE LER

 HORA DE LER: Se queres aventura,  lánzate á lectura Outubro tróuxonos un cambio de horario no cole e, con el,  un tempo extra para gozar do...