ASIA
O mércores, 17 de xuño alumnado voluntario de 6º que participa en Bibliotecas Solidarias presentounos o continente asiático a través dun pódcast. Un programa no que viaxamos en tren grazas á Radio Escolar. Un percorrido por toda a súa cultura, dende os seus instrumentos ata a súa gastronomía, un continente espectacular para os cinco sentidos.
Dende a locomotora impulsada por uns e unhas locutoras moi aventureiras entrevistaron tamén a unha pasaxeira moi coñecida e especial para o cole, Mariluz Iglesias López. Mariluz foi mestra durante moitos anos aquí no noso centro e é, na actualidade, membro do comité do Consello Editorial da Revista Galega de Educación.
Ela achegounos a esta prestixiosa revista, concretamente ao número 93, adicada ao potencial da Radio escolar como ferramenta educativa. Un exemplar que recolle múltiples experiencias e vivencias doutros centros educativos de Galicia.


No hay comentarios:
Publicar un comentario