viernes, 19 de junio de 2026

VOLUNTARIADO- BIBLIOTECAS SOLIDARIAS

AGRADECEMENTO AOS VOLUNTARIOS/AS DA BE



Lonxe quédanos o 5 de decembro, un día especial para os voluntarios e voluntarias. É a data establecida pola ONU en 1985 para homenaxear o labor desinteresado e o impacto positivo que millóns de persoas aportan á sociedade  dun xeito sempre totalmente altruísta. 

Pero que nos quede lonxe no calendario non quere dicir que non poidamos adicarlles un día a maiores e recoñecerlles a súa valía, especialmente aos nosos voluntarios/as da Biblioteca Escolar. 35 nenos/as de 5º e 6º que este curso se animaron a colaborar en diversas tarefas amosando  xenerosidade, compromiso e empatía: apadriñamentos lectores aos máis pequenos/as, tarefas de xestión e organización dos préstamos, lectura e outras actividades para as persoas usuarias do centro de maiores de Meira ou para os meniños/as da escola infantil, preparación de podcast na Radio... 

A súa disposición, entrega e colaboración hoxe viuse recompensada cun pequeno agasallo por parte do centro (mil graciñas á profe Eva, experta na cortadora láser) e tamén por parte da Consellería de Educación, órgano que lles recoñece do mesmo xeito a súa adicación e esforzo. 

Moi merecido rapaces/rapazas! Non esquezades nunca que o que nos fai grandes son os pequenos detalles do día a día!

Agora a gozar do verán! Xalín está moi orgulloso e agarda que a experiencia fose gratificante!






1 comentario:

VOLUNTARIADO- BIBLIOTECAS SOLIDARIAS

AGRADECEMENTO AOS VOLUNTARIOS/AS DA BE Lonxe quédanos o 5 de decembro, un día especial para os voluntarios e voluntarias. É a data estableci...