ENCONTRO CON EVA MEJUTO
Hoxe, 1 de xuño, tivemos a visita de Eva Mejuto no cole, autora de dous libriños que limos no Club de Lectura, Queco e Kika e O día que choveron gatos. Contounos en que se inspirou para escoller os títulos, os nomes dos diferentes personaxes e mesmo adiantounos que haberá 2º parte de cada un deles. Ademais respondeu a moitas preguntas xa de índole máis persoal como escritora. Así, sabemos que madruga moito para atopar o momento ideal, creativo e tranquilo e que prefire apoiarse nas novas tecnoloxías á hora da escritura aínda que as notas e apuntes sempre moito mellor á man.
A sesión pasouse rapidísimo e quedáronnos inquedanzas pero quen sabe...se en vindeiros cursos volveremos a ter ocasión! Estaremos pendente da 2º parte, de cada un deles!
Graciñas, Eva!



No hay comentarios:
Publicar un comentario