lunes, 1 de junio de 2026

MEDRANDO COA LECTURA- A QUE SABE A LÚA?

 MEDRANDO COA LECTURA

O alumnado que participa no programa de Bibliotecas Solidarias visitou a semana pasada, o 28 de maio, aos meniños e meniñas da EEI, O Vermiño, de Meira, para contarlles e despois cantarlles a canción:  

                                                             A QUE SABE A LÚA?

Durante todo o curso os rapaces e rapazas do cole estiveron traballando por quendas no deseño da maqueta cos animais que interveñen. Despois, representaron o conto convertíndose nos diferentes personaxes e, finalmente, memorizaron e practicaron o acompañamento instrumental da canción infantil que leva por título o mesmo que o conto. A profe de música colaborou nos diferentes ensaios de toda a parte musical. 

Foi un día xenial, desprendeuse agarimo e tenrura dende o comezo da actividade ata o final. 





Aproveitamos este medio para dar as grazas a tod@s as persoas que o fixeron posible, especialmente aos bebés e a todas as persoas que traballan na escola infantil por brindarnos a oportunidade de compartir momentos e recibirnos tan xenerosamente, en todos os sentidos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

REVISTA PETISCOS 2025-2026

  REVISTA PETISCOS  2025 /2026 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca despois dunha intensa viaxe dentro e fóra das aulas. Nestes dez me...