PROXECTO
" A VOLTA AO MUNDO"
Rematamos o curso e con el o proxecto no que nos mergullamos en outubro, ao comezo. Todas as aulas investigaron sobre un continente e os traballos resultantes quedaron expostos polos corredores do cole para a aprendizaxe colectiva. A maiores por ciclos, organizáronse pequenos encontros para intercambiar coñecementos ao final, en xuño.
Actividades que promoven a lectura e a súa comprensión, por tanto, a competencia lectora, fomentan a expresión oral, escrita e plástica e, por suposto, o tratamento da información (búsqueda, selección, resumo, contraste de fontes....) ao tempo que traballan a xestión emocional e o traballo en equipo.
Deixámovos aquí fotos de todos os traballos! Noraboa, viaxeiros/as; noraboa a todos polo voso esforzo!





























No hay comentarios:
Publicar un comentario