martes, 26 de octubre de 2021

Club de Lectura

 

                    CLUB DE LECTURA: LEO, LEO....QUE LES?





 

Camiña sempre pola vida como si tiveses algo novo que aprender e faralo. 

Vernon Howard.

 

A entrada do novo ano trouxo consigo novos propósitos e horizontes.

 Entramos así no 2022 dándolle a benvida ao club de lectura LEO, LEO...QUE LES? 

As primeiras sesións, as citas inaugurais, dos grupos de 3º, 4º , 5º e proximamente 6º espertaron no alumnado un amplo abano de emocións e sentimentos positivos; dende a ilusión, a intriga, a esperanza, pasando pola maxia e a curiosidade ata a atracción e motivación pola lectura. 

Neste senso, cabe destacar que un club de lectura reporta innumerables beneficios: 

- Ler en compañía divirte, multiplica os matices e expande horizontes. 

- Fainos coñecer diversos puntos de vista, potenciando a empatía.

- Ábrenos os ollos fronte a xéneros literarios que tal vez non nos asomaramos por iniciativa propia. 

- Permite aprender e desenvolver habilidades sociais e comunicativas para a vida persoal. 

Son tanto, deste xeito, as vantaxes que ofrece como as actividades que nel se poden desenvolver. Deixámosvos coa reportaxe gráfica das sesións de apertura do CLUB.  (Fai clic no enlace)

 Club de Lectura: 3º As viaxes de Ruki. 

Club de Lectura 4º: Pan con chocolate

Club de Lectura 5º: Douche a miña palabra

Lembrade que mensualmente irémosvos contando novos capítulos desta fascinante aventura. 

Deica logo!!


domingo, 24 de octubre de 2021

  A paixón polos libros fainos a todos/as máis soñadores, creativos, empáticos e sobre todo máis libres e felices. 

Non hai maior pracer que abrir un libro e quedar enfeitizado, perdendo a noción do tempo namentres devoramos páxinas e páxinas creando ata lazos de amizade e afinidade coas personaxes.

Espertar sentimentos e facernos voar é un poder ao alcance de moi poucos medios hoxe en día. 

Que o noso alumnado participe con tanto afervoamento na escolla das novas adquisicións para fondos de Plambe e Biblioteca Inclusiva é o maior orgullo que Xalín pode e poderá sentir xamais. 

Noraboa rapaces e rapazas! Agora deixádevos levar; agárdanvos irrepetibles viaxes!



sábado, 16 de octubre de 2021

  XALÍN RECIBE UNHA VISITA MOI, MOI ESPECIAL


Xalín ten dúas grandes afeccións: a lectura e os nenos/as.  Sempre está desexando que pasen os meses estivais para  convidar a todo o alumnado  á súa casiña porque lle encanta sentirse arroupado polos peques do cole. 

Pero diríamos que hai unha visita coa que se derrite completamente cada ano:  a 1º vez que os nenos e nenas de 3 aniños o van ver, e polo tanto, se coñecen mutuamente. É tanta a emoción que o embarga que  tarda uns días en recuperarse e non pode resistirse a darlles un agasallo para que volvan  canto antes. 

As fotografías teñen o poder de facer que os momentos especiais poidan perdurar no tempo á vez que permiten ser compartidos. Así que, aquí vos deixamos unhas cantas dese día moi especial para ambas partes.  O sorriso dos máis peques non dá lugar a dúbidas, unha experiencia inesquecible !!!









Ata moi prontiño!





sábado, 9 de octubre de 2021

LECER CON XALÍN

 A biblioteca escolar é un elemento esencial de calquera estratexia educativa que persiga o desenvolvemento integral dunha persoa.  Dinamizar todos os seus recursos, especialmente nos tempos de lecer,  é un dos retos que con máis ilusión afrontamos. 

Ver aos nosos nenos/as gozar e aprender mentras experimentan, aprenden e socializan é das experiencias máis enriquecedoras que vivimos estos días coa apertura da biblioteca do noso centro escolar.

 Observar como espremen o tempo ata o último minuto é o gran sinal do éxito da acollida de todas as iniciativas que propoñemos para estes momentos: lectura, xogo, creación, debuxo....

As imaxes falan por sí soas.... 



Lembrade que Xalín espéravos sempre cos brazos e as portas abertas!


SEMANA DA PRENSA

    SEMANA DA PRENSA  DO 4 AO 8 DE MARZO Estes días celebramos no centro a Semana da Prensa na Escola. O xornal como material didáctico ten ...