sábado, 27 de noviembre de 2021

 25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Amar é ante todo respectar, dar ás para voar e motivos para quedarse;  camiñar en paralelo perseguindo soños, sumar mais nunca restar. Aceptar e respectar que cada un ten dereito e liberdade para escoller a súa felicidade é un obxectivo  que so a través da educación esperemos algún día poidamos acadar de verdade. Homes e mulleres debemos aprender a convivir compartindo sorrisos, en ningún caso, provocando bágoas. 

Para que algún día se acabe todo este pesadelo, alumn@s e mestr@s manifestámonos o 25 de novembro. No acto os nenos/as de 5º alzaron a súa voz por todos nós lendo un manifesto de  rexeitamento ante calquer forma de violencia e convidádonos a todos á reflexión para un cambio real. 

Así mesmo, todas as aulas participaron na elaboración dun mural conmemorativo froito da lectura e análise común do libro  Nin un biquiño á forza de Marion Mebes. Bicos e palabras encheron esta obra cun único obxectivo: loitar para que a violencia de xénero chegue, dunha vez por todas, ao seu fin.


Aquí podedes ver o acto de manifestación: 


NUNCA MÁIS!!!



 

   MES DA CIENCIA CON XALÍN

 Aos nen@s, dende o momento do seu nacemento, móveos a curiosidade  e a necesidade de experimentar. A ciencia permite alimentar esa curiosidade á vez que facilita aprendizaxes moi valiosas e significativas. A través dela poden facer observacións, recompilar informacións, formular preguntas e usar o pensamento lóxico para sacar conclusións. 
NOVEMBRO é o mes da Ciencia e Xalín non quixo perder a oportunidade de convidar a tod@s os máis peques a deixarse levar pola maxia da ciencia. 
A invitación foi acollida con moito entusiasmo e para proba deixámosvos un vídeo resumo das  formidables experimentacións levadas a cabo grazas a participación activa de tod@s. 



Animádevos a convertirvos toda a familia en científic@s ! Hai todo un mundo por descubrir!


BIBLIO-ART

  BIBLIOART Co transcurso dos meses foron chegando os retos de BIBLIO-ART e os nenos/as estiveron dispostos a afrontalos con valentía, exper...