viernes, 13 de noviembre de 2026

MOCHILAS VIAXEIRAS


A ALIANZA ENTRE ESCOLA E FAMILIAS: O MOTOR DO HÁBITO LECTOR

 MOCHILAS VIAXEIRAS


Fomentar a lectura na infancia é unha responsabilidade compartida que acada o seu máximo potencial cando a escola e a familia se unen e camiñan na mesma dirección. Cada ámbito ten un papel fundamental e fai aportacións e contribucións únicas multiplicando así o impacto positivo no desenvolvemento  integral dos nenos/as. 

Estes días saíron catorce mochilas viaxeiras rumbo a catorce fogares e a semana que vén visitarán outros  tantos e así ata acompañar a todas as familias. Nelas inclúense libros de temáticas relacionadas co  proxecto deste ano no centro, Galicia: gastronomía, tradicións, fauna e flora, lendas..., e tamén obras literarias escritas por autores e autoras galegas, así como fondos para a xestión emocional. Estes últimos responden á necesidade da sociedade na que vivimos de continuar ensinando ás persoas a canalizar o que sentimos dun xeito saudable. 

 Non obstante, e non menos importante, en todas elas viaxa un caderno que pretende facer unha recompilación de diversos aspectos de Galicia vividos e contados por todos vós, familias. Non perdades esta ocasión e plasmade como vivides e sentides Galicia. 

Moitísimas grazas a todos pola colaboración e implicación nesta iniciativa. 


MOCHILAS VIAXEIRAS

A ALIANZA ENTRE ESCOLA E FAMILIAS: O MOTOR DO HÁBITO LECTOR  MOCHILAS VIAXEIRAS Fomentar a lectura na infancia é unha responsabilidade compa...