FORMACIÓN ALUMNADO
BIBLIOTECA DE XALÍN
FORMACIÓN ALUMNADO
BIBLIOTECA DE XALÍN
23 DE FEBREIRO,
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Tan grande foi o seu legado como o é o conxunto das súas obras. De entre todas elas, o poema, Miña casiña, meu lar, ocupa, sen dúbida, un lugar moi, moi privilexiado para todos nós.
Por iso, este ano, tendo en conta o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia, O deseño, e partindo da fermosa obra que leva por título Miña casiña, meu lar ilustrado pola marabillosa Blanca Millán; cada clase rediseñou e recitou uns versos para entre todos/as compoñer este fabuloso poema tan cargado de sentimento e tan galego.
Todas as láminas forman parte dunha exposición que se pode ver na zona do galpón.
Aquí tedes o vídeo final. Quedou precioso!
Grazas rapaces e rapazas! Fabuloso traballo!
BIOGRAFÍA DE EVA MEJUTO
O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria estivo nesta última sesión do Club de Lectura investigando sobre a biografía da autora galega do libro, Queco e Kika; Eva Mejuto.
En pequenos grupos, dun xeito colaborativo, tiñan que conseguir montar un crebacabezas sobre a traxectoria desta escritora tan coñecida. Unha maneira máis de coñecer outro tipo de texto, a biografía, quizais algún día poidan ler a súa autobiografía, quen sabe?
Hoxe, 13 de Febreiro, queremos conmemorar o DÍA MUNDIAL DA RADIO, compartindo uns podcasts preparados e gravados por alumnado de 4º, 5º a 6º de Ed. Primaria nun fabuloso Obradoiro de Radio na Biblio. Esta formación radiofónica foi levada a cabo no centro o pasado día 6 grazas ao actor de dobraxe e formador de Ponte nas Ondas!; Damián Alonso.
Os nenos/as a partir dunhas tarxetas informativas sobre diferentes lugares e monumentos de Galicia, redactaron en parellas a escaleta, fixeron os ensaios pertinentes e directamente a... locutar e a gravar!
Convidámosvos a todos/as a escoitalos e a desfrutar deste marabilloso traballo e da nosa fermosísima Comunidade Autónoma, chea de riqueza material e inmaterial, chea de vida!
Aproveitamos para agradecer a Damián Alonso toda a súa entrega e paixón e, por suposto, a todos os/as protagonistas do día! Mil graciñas!
REVISTA PETISCOS 2025 /2026 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca despois dunha intensa viaxe dentro e fóra das aulas. Nestes dez me...