jueves, 26 de febrero de 2026

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

23 DE FEBREIRO,

 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


O 23 de febreiro é unha data moi sinalada. Tal día coma ese no ano 1837 nacía a escritora que iniciou o Rexurdimento das nosas letras, Rosalía de Castro. 

Tan grande foi o seu legado como o é o conxunto das súas obras. De entre todas elas, o poema, Miña casiña, meu lar, ocupa, sen dúbida, un lugar moi, moi privilexiado para todos nós. 

Por iso, este ano, tendo en conta o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia, O deseño, e partindo da fermosa obra  que leva por título Miña casiña, meu lar  ilustrado pola marabillosa Blanca Millán;  cada clase rediseñou e recitou uns versos para entre todos/as compoñer este fabuloso poema tan cargado de sentimento e tan galego. 



Todas as láminas forman parte dunha exposición que se pode ver na zona do galpón.



 Aquí tedes o vídeo final. Quedou precioso!



Grazas rapaces e rapazas! Fabuloso traballo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

  23 DE FEBREIRO,  DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO O 23 de febreiro é unha data moi sinalada. Tal día coma ese no ano 1837 nacía a escritora que in...