lunes, 5 de octubre de 2026

HORA DE LER

 HORA DE LER:



Se queres aventura, 

lánzate á lectura

Outubro tróuxonos un cambio de horario no cole e, con el,  un tempo extra para gozar do pracer de ler. Así, o día 1 despois do período de lecer reunímonos todos/as, alumnado e profesorado, para facer entrega das caixas para as aulas. Unhas caixas que agora encheremos cos libros que máis nos apetezan dos moitísimos que hai na Biblioteca Escolar. Lembrade que Xalín agárdanos con miles de lecturas onde escoller.

Non faltedes! 


viernes, 25 de septiembre de 2026

CLUB DE LECTURA: LEO, LEO...QUE LES?

CLUB DE LECTURA



Xalín aínda ten na memoria a todos os/as lectores/as do  Club de Lectura do curso pasado e non quixo perder a oportunidade de lanzar a invitación para acoller na súa casa a todos os nenos/as aventureiros/as que este ano desexan continuar ou comezar a  compartir lecturas, experiencias e momentos arredor dunha  gran historia.
Porque... detrás de cada unha desas historias alguén tivo que tomar a fabulosa decisión de crear ese mundo, ás veces real, ás veces imaxinario;  elexir as palabras e decidir o destino das personaxes. Un reto moi intenso pero tamén moi gratificante. Todo autor/a se sente reconfortado/a cando conecta coa persoa lectora e esta non para de devorar os libros, perdendo a noción do tempo. Non hai mellor recompensa. 

E así foi como nesta última semana a campaña de formación de Club rematou. Acabaremos de preparar a maleta e rumbo á...... lectura!
Estade moi atentos/as!

jueves, 24 de septiembre de 2026

A VIAXE CONTINÚA! BENVID@S! RUTA 26-27


PRÓXIMO DESTINO....GALICIA!



 Xalín regresou das vacacións coa ilusión de volver a acompañar a aprendizaxe de todos os nenos e nenas mentras goza da ledicia desbordante, dos xogos compartidos, das risas espontáneas e do balbordo cheo de vida que xeran os cativos/as cando son felices. 

Este ano convídanos a quedarnos pretiño, a admirar e estudar a paisaxe galega, reflexo dun pacto milenario entre terra, mar e humanidade. Impúlsanos a poñer en valor o noso patrimonio material e inmaterial, dende os castros, as lendas, a música... cada elemento conta  a historia dun pobo único, irrepetible.

Temos moito que informarnos sobre a nosa Comunidade porque ten moito que ofrecernos. Así que, tal como nos adianta o cartel de Bibliotecas Escolares de Galicia,  da información ao coñecemento! Coñezámola a fondo!








martes, 23 de junio de 2026

REVISTA PETISCOS 2025-2026

 REVISTA PETISCOS 

2025/2026

Rematamos o curso con moi bo sabor de boca despois dunha intensa viaxe dentro e fóra das aulas. Nestes dez meses vivimos moitas experiencias enriquecedoras e aprendizaxes inesquecibles que hoxe queremos compartir con vós.  

Aquí vos deixamos o enlace desta xenial revista : PETISCOS 

FELIZ VERÁN

viernes, 19 de junio de 2026

VOLUNTARIADO- BIBLIOTECAS SOLIDARIAS

AGRADECEMENTO AOS VOLUNTARIOS/AS DA BE



Lonxe quédanos o 5 de decembro, un día especial para os voluntarios e voluntarias. É a data establecida pola ONU en 1985 para homenaxear o labor desinteresado e o impacto positivo que millóns de persoas aportan á sociedade  dun xeito sempre totalmente altruísta. 

Pero que nos quede lonxe no calendario non quere dicir que non poidamos adicarlles un día a maiores e recoñecerlles a súa valía, especialmente aos nosos voluntarios/as da Biblioteca Escolar. 35 nenos/as de 5º e 6º que este curso se animaron a colaborar en diversas tarefas amosando  xenerosidade, compromiso e empatía: apadriñamentos lectores aos máis pequenos/as, tarefas de xestión e organización dos préstamos, lectura e outras actividades para as persoas usuarias do centro de maiores de Meira ou para os meniños/as da escola infantil, preparación de podcast na Radio... 

A súa disposición, entrega e colaboración hoxe viuse recompensada cun pequeno agasallo por parte do centro (mil graciñas á profe Eva, experta na cortadora láser) e tamén por parte da Consellería de Educación, órgano que lles recoñece do mesmo xeito a súa adicación e esforzo. 

Moi merecido rapaces/rapazas! Non esquezades nunca que o que nos fai grandes son os pequenos detalles do día a día!

Agora a gozar do verán! Xalín está moi orgulloso e agarda que a experiencia fose gratificante!






CONSTRUÍNDO COMUNIDADE: ENTREVISTA AO PERSOAL DE COCIÑA

CONSTRUÍNDO COMUNIDADE: 

ENTREVISTA A ADRIÁN, EVA E MÓNICA


Alumnado de 6º de Ed. Primaria realizou unha entrevista, dentro do programa de Radio Escolar, ao persoal de cociña do centro interesándose polo importante labor que Adrián, Eva e Mónica desempeñan día a día. 

Tamén tiveron curiosidade por coñecer o funcionamento dun servizo tan especial coma este para o noso cole, especialmente porque acolle dúas quendas diaros. Nas primeira os usuarios/as son os nenos/as de Ed. Infantil e Primaria e na segunda quenda son os rapaces e rapazas do IES Pedregal de Irimia, centro educativo de secundaria tamén da nosa vila. 

Grazas, nosos cociñeiros/as!

miércoles, 17 de junio de 2026

VOLUNTARIADO- ASIA

ASIA 

O mércores, 17 de xuño alumnado voluntario de 6º que participa en Bibliotecas Solidarias presentounos o continente asiático a través dun pódcast. Un programa no que viaxamos en tren grazas á  Radio Escolar. Un percorrido por toda a súa cultura, dende os seus instrumentos ata a súa gastronomía, un continente espectacular para os cinco sentidos. 

Dende a locomotora impulsada por uns e unhas locutoras moi aventureiras entrevistaron tamén a unha pasaxeira moi coñecida e especial para o cole, Mariluz Iglesias López. Mariluz foi mestra durante moitos anos  aquí no noso centro e é, na actualidade,  membro do comité do Consello Editorial da Revista Galega de Educación. 

Ela achegounos a esta prestixiosa revista, concretamente ao número 93, adicada ao potencial da Radio escolar como ferramenta educativa. Un exemplar que recolle múltiples experiencias e vivencias doutros centros educativos de Galicia. 


A gozar da viaxe,  pasaxeiros/as!

lunes, 15 de junio de 2026

VOLUNTARIADO- PODCAST OCEANÍA.

 

OCEANÍA

Alumnado voluntario de 5º que participa en Bibliotecas Solidarias presentounos un novo continente,  Oceanía,  a través dun podcast " Destino Oceanía".  Descubrimos así a súa biodiversidade, a cultura maorí e os contrastees xeográficos de Australia e Nova Zelandia. 

Non deixades de escoitalo! 

Parabéns rapazas e rapaces! Canto aprendemos!


HORA DE LER

 HORA DE LER: Se queres aventura,  lánzate á lectura Outubro tróuxonos un cambio de horario no cole e, con el,  un tempo extra para gozar do...