viernes, 20 de junio de 2025

ENCONTRO COA AUTORA: ANDREA BARREIRA FREIJE

 ENCONTRO CON ANDREA BARREIRA

AUTORA DE: QUEN PRECISA UNHA AVOA?

Este luns, 16 de xuño o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria tivo a sorte de poder coñecer en persoa a autora do libro Quen precisa unha avoa?, Andrea Barreira Freije. Esta escritora galega, nativa de Fonsagrada, recibiu con esta obra o premio VII Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade no 2024.  

E esta foi a novela coa que se mergullaron nos dous Clubs de Lectura destes niveis de Ed. Primaria e que lles permitiu non so reflexionar sobre a sabedoría dos nosos maiores, as tradicións, os contos e lendas do pasado, senón tamén sobre as tarefas escolares, as relacións entre compañeiros/as, a amizade... E mesmo, fixeron un trivial para xogar sobre o libro con preguntas e respostas ben, pero que ben entretidas!

Andrea moi próxima ao alumnado brindouse a resolver todas as inquedanzas, curiosidades e preguntas con xenerosidade e contoulles toda a historia que había detrás deses pequenos detalles que saen nos diferentes capítulos e que fan voar a imaxinación mentres manteñen a intriga nesa aventura de secuestrar avoas. 

Grazas Andrea pola túa implicación,  por agasallarnos coa túa magnífica escritura e, por suposto, co teu tempo!

















No hay comentarios:

Publicar un comentario

HORA DE LER: XALÍN CONVÍDANOS A VIAXAR A TRAVÉS DA LECTURA

  VIAXAMOS A TRAVÉS DA LECTURA: HORA DE LER Hoxe, 1 de outubro, comezamos coa hora de ler  dun xeito diferente xa que a biblioteca  do centr...