sábado, 7 de junio de 2025

ENTREVISTA EN XAOÍN, RADIO AVELINO: VANESA TELLA

VANESA TELLA 
EN XAOÍN, RADIO AVELINO

O pasado mércores 4 de xuño o alumnado de Proxecto Competencial de 6º de Ed. Primaria tivo o privilexio de entrevistar a Vanesa Tella, apaixonada da música galega e fundadora do grupo de folclore popular da vila de Meira, Nove Ferreñas. 

Os nenos tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a orixe da agrupación, a súa traxectoria e outros moitos aspectos da longa vida nesta andaina.

Grazas Vanesa polo teu tempo e colaboración con nós, e sobre todo, pola túa paixón, forza e implicación no proxecto; por contribuír a conservar as nosas raíces. Detrás de todo o  teu traballo hai tamén un tempo de ledicia compartido por toda a xente que goza das cantigas de Nove Ferreñas. 

Aquí vos deixamos o podcast en primicia! 

Parabéns tamén a todos os locutores e locutoras polo voso fenomenal traballo!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

13 DE FEBREIRO- DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe, 13 de Febreiro, queremos conmemorar o DÍA MUNDIAL DA RADIO,  compartindo uns podcasts preparados e gravados por alumnado de 4º, 5º a 6...