miércoles, 18 de junio de 2025

CÓDICES VIVOS: COMPARTINDO VIVENCIAS, ABRAZANDO XERACIÓNS

 APRENDENDO DENDE A EXPERIENCIA E A EMOCIÓN

O pasado xoves, 12 de xuño levamos a cabo o encontro final interxeracional; unha data moi especial e agardada. 

O alumnado voluntario de 5º e 6º que participa no programa de Bibliotecas Solidarias tivo o pracer de visitar e  acompañar aos maiores do centro residencial de Meira dentro da actividade final do proxecto compartido entre a nosa escola e o CAM: CÓDICES VIVOS. 

Á chegada, nun primeiro momento reuníronse con Dolores, Obdulia, Mary e Luísa para compartir con elas as súas reflexións e impresións tras os primeiros encontros e despois todos xuntos/as saímos a dar un paseo polo parque da vila, ao pé do Río Miño. Andaina á que se uniron máis persoas usuarias da residencia. Un paseo precioso que aproveitamos para facer inesquecible coa lectura de sentidos poemas que os nenos e nenas lles escribiron a modo de homenaxe e agradecemento. 

Coidar e brindar tempo sempre é en sí mesmo un agasallo, o verdadeiro agasallo. Foi un día especial para maiores e nenos/as porque nos enriquecemos mutuamente. 

Un encontro fabuloso que xa nos tarda en repetir; as fotos falan por sí soas....











Unha vez máis despedímonos reiterando as grazas a todos as persoas maiores pola súa xenerosidade e a todo o persoal que se brindou co seu traballo para que este encontro fose posible. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

HORA DE LER: XALÍN CONVÍDANOS A VIAXAR A TRAVÉS DA LECTURA

  VIAXAMOS A TRAVÉS DA LECTURA: HORA DE LER Hoxe, 1 de outubro, comezamos coa hora de ler  dun xeito diferente xa que a biblioteca  do centr...