lunes, 2 de junio de 2025

ENCONTROS INTERXERACIONAIS

 ENCONTROS INTERXERACIONAIS

COÑECEMOS A LOLA E A MARISA 

No mes de maio, os días 6 e 27, tivemos o pracer e a sorte de poder levar a cabo dous Encontros Interxeracionais (dentro do proxecto Códices Vivos)  co alumnado voluntario de 5º e 6º de Ed. Primaria (de Bibliotecas Solidarias) e dúas mulleres cheas de vitalidade: Lola e Marisa. 

Con elas aprendemos o valor da resiliencia, da forza e da superación en momentos duros e tamén do esforzo, da experiencia e da sabedoría. Impresiona como as vivencias da Guerra Civil se quedaron albergadas na memoria pola súa dureza e como era a vida chea de retos e desafíos cando os recursos eran moi diferentes aos que hoxe coñecemos. 

Como a poboación migraba en busca dunha vida mellor, en busca de máis oportunidades. Migracións que ocorreron no pasado, ocorren e seguiranse producindo porque todo ser humano móvese buscando un futuro, un futuro mellor. Impresiona tamén como opcións que temos  acotío,  antes (e non fai tanto anos) non o eran tanto;   ver a televisión  ou a optar a sacar o carné de conducir, por exemplo.  

Pero tamén como se traballaba en equipo. A veciñanza de pobos enteiros amosando unha inquebrantable unión e loita común. Como se adicaban horas e horas a tarefas  duras mais sempre con paixón. Destacan as labores artesanais,  coma a complicada e espectacular arte da cestería e, sobre todo, como a pesares de todas as dificultades  triunfaba a festa e os momentos cheos de ledicia. 

Historias reais de mulleres excepcionais: loitadoras e traballadoras. Exemplos de valentía e coraxe. Xuntanzas para repetir porque... queda tanto por aprender e valorar!

Reiteramos as infinitas grazas a Lola e a Marisa pola súa xenerosidade, así como a Laura e a Tania do Centro Residencial Santa María de Meira pola súa implicación e coordinación para que estes encontros fosen posibles.






O 12 de xuño, viviremos un momento moi agardado e especial!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

REVISTA PETISCOS CURSO 2024/2025

 REVISTA PETISCOS  2024/2025 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca e nada mellor que degustar o menú elaborado polos  e  polas grandes ...