RECOÑECEMENTO AO VOLUNTARIADO:
BIBLIOTECAS SOLIDARIAS
Colaborar dun xeito altruísta sempre reconforta e nos aporta sensacións indescritibles. O programa de Bibliotecas Solidarias pretende que a través da biblioteca e da lectura se tezan redes de colaboración, unión, bondade e xenerosidade. Este ano 33 nenos/as de 5º e 6º animáronse a participar durante todo o curso en diferentes tarefas, implicándose e amosando unha actitude moi solidaria.
Hoxe, como non podía ser doutro xeito, tocaba agradecerlles e recoñecerlles o seu bo facer ao longo destes meses, brindando sempre un man para colaborar e axudar en todas as actividades nas que participaron: Lecturas ao máis pequenos/as na biblioteca nos períodos de lecer, xestión do préstamo de libros, colocación de fondos na biblioteca, lecturas ao bebés da Escola Infantil, encontros con maiores da Residencia de Maiores e locucións de audiocontos en Xaoín, Radio Avelino.
Así, procedemos á entrega dos Diplomas: o outorgado dende a Biblioteca de Xalín e o outorgado dende a Consellería xunto cuns pequenos agasallos. Moi merecido rapaces e rapazas!
Xalín está moi orgulloso de vós/vosoutras!
E con este agradecemento, despedímonos por este curso. Feliz verán!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario