sábado, 26 de marzo de 2022

 ENCONTROS PLAMBE

Aproveitamos este medio para contarvos que estivemos presentes o día 25/3/2022, a través dunha integrante do Equipo da Biblioteca, nos encontros organizados en Santiago de Compostela dentro do PLAMBE! Alí atopamos na exposición o noso cartel. 

Un cartel que abre ao mundo a vida do noso centro. 





Sen vós esto non sería posible. Grazas por tanto. 


                                                 21 DE MARZO- DÍA DA POESÍA 

                                                        "POESÍA EN FAMILIA"

Este ano para celebrar o día DÍA da POESÍA, pensamos que crear poemas en familia  sería un fermoso momento para compartir e xogar coas palabras, cos versos, coas rimas, coas estrofas...

Un tempo para deixar voar a imaxinación e converterse en grandes poetas e poetisas. E, así, foi como xurdiu  a actividade "Poesía en familia" dentro do Programa Lectura e Familias. 

           A  nosa iniciativa tivo unha gran acollida e pronto comezaron a chegar moitos e diversos            poemas,           poemas moi creativos e cargados de sentimento. Por tanto,  e como non podía ser doutro xeito,                    despois de valorar toda a implicación e adicación das familias participantes, organizamos un acto               para facer entrega conxunta dos merecidos agasallos.  Foi unha cerimonia preciosa e para nós un verdadeiro            pracer poder contar con vós.  Aquí vos deixamos unhas fotos, testemuña do valor deste momento. 







Ademais contamos con moitos nenos/as voluntarios/as que se animaron a recitarnos o seu poema acompañados polos seus familiares. Que gozada poder desfrutar da poesía todos xuntos!

 










E, se todo isto fose pouco, temos que contarvos que neste acto inauguramos tamén un moderno e chulísimo  graffiti de Rosalía de Castro a cargo de Rubén (da empresa Trece Trazos). O noso agrademento tamén, dende aquí, á área de Cultura da Deputación de Lugo. 

Non podíamos contar cun mellor escenario para festexar o día da Poesía!!


jueves, 10 de marzo de 2022

  UNHA EXPERIENCIA NOVA 

 AS MOCHILAS DA BIBLIOTECA

 QUE GANAS!! MAÑÁ VENRES EMPEZAMOS POR FIN

 O PRÉSTAMO DE XOGOS E CONTOS

 DA BIBLIO DE XALÍN!

CADA VENRES ESCOLLEREMOS UN CONTO E XOGO PARA LEVAR

 Á CASA DURANTE UNHA SEMANA, E 

TAMÉN UN LIBRIÑO DE TAREFAS DE XALÍN!! 

OS LIBROS E OS XOGOS ESTÁN XA ESPERANDO...






martes, 8 de marzo de 2022

   

8 DE MARZO 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Neste día conmemorase a loita da muller por participar, en igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Reflexo desa loita incansable atopámolo nas  avoas;  mulleres sempre partícipes na vida dos nosos nenos e nenas, superavoas con superpoderes.

Estas mulleres dunha forza inquebrantable sempre teñen preparada a manta contra o frío, o paraugas contra a chuvia, a cura para a ferida... Por iso, toda homenaxe que lles poidamos facer é máis que merecida. 

Así, partindo da lectura de libros tales como

elaboramos un mural coas fotografías das avoas de todos os nenos/as do centro. Imaxes acompañadas de textos onde cada alumno/a nos contou o superpoder da súa avoa. 

O resultado foi un mural emotivo e creativo a partes iguais, un fermoso agradecemento a estas supermulleres. 


Esta actividade, xunto coa lectura do "MANIFESTO" por parte dos alumnos/as de 5º e 6º de Ed. Primaria, formou parte dos actos programados polo Concello de Meira, aos que tamén se uniron o IES Pedregal de Irimia e a Escola Superior de Música. 



Graciñas avoas!



23 ABRIL - DÍA DO LIBRO

  23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO,  CITA EN FAMILIA CO CÓMIC. Cada 23 de abril conmemorase o Día Mundial do Libro para promover o desfrute dos lib...