8 DE MARZO
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Neste día conmemorase a loita da muller por participar, en igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Reflexo desa loita incansable atopámolo nas avoas; mulleres sempre partícipes na vida dos nosos nenos e nenas, superavoas con superpoderes.
Estas mulleres dunha forza inquebrantable sempre teñen preparada a manta contra o frío, o paraugas contra a chuvia, a cura para a ferida... Por iso, toda homenaxe que lles poidamos facer é máis que merecida.
Así, partindo da lectura de libros tales como
O resultado foi un mural emotivo e creativo a partes iguais, un fermoso agradecemento a estas supermulleres.
Esta actividade, xunto coa lectura do "MANIFESTO" por parte dos alumnos/as de 5º e 6º de Ed. Primaria, formou parte dos actos programados polo Concello de Meira, aos que tamén se uniron o IES Pedregal de Irimia e a Escola Superior de Música.
Graciñas avoas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario