martes, 20 de mayo de 2025

LECTURA E FAMILIAS " CANTIGAS EN FAMILIA" CON NOVE FERREÑAS

 CANTIGAS EN FAMILIA 

CON NOVE FERREÑAS

Non hai mellor maneira de comezar unha semana que cantando e bailando toda a comunidade educativa, e máis, se é a través de propostas que axudan a conservar parte da  nosa riqueza, do noso patrimonio inmaterial: a nosa lingua, as nosas cantigas. 

Alba González e Lucía Portela, dúas integrantes do grupo de folclore popular galego da nosa vila, Nove Ferreñas, amenizáronnos unha xornada especial en familia. Explicáronnos a orixe e traxectoria do grupo, o porqué se chama así, as súas experiencias persoais como cantareiras e como non, ensináronnos un montón de cantigas e instrumentos tradicionais galegos. Ata nos convidaron a bailar con elas no escenario! Unha chulada de foliada! 

Moitísimas grazas as dúas por contribuír á transmisión literaria que pertence a toda a comunidade e que se aprende escoitando, cantando, traballando, divertíndose... Deixades unha gran pegada no eido educativo e cultural. Un verdadeiro pracer contar con vós nun día tan significativo. .

Aquí vos deixamos unhas fotos e un vídeo da xornada que, sen dúbida, foi inmensamente fermosa. 





Sentimos moito a ausencia de Alba Rodríguez, que hoxe finalmente non puido acompañarnos, e agradécemoslle igualmente a súa intención de participar. Seguro que noutra ocasión podemos cantar e bailar con ela tamén. 

Na mesma liña agradecemos as Asociacións " Avelino Díaz " e "Asociación Galega do Xogo popular e tradicional " quenes colaboraron tamén para que este encontro fose posible.

 E, non por ser o último menos importante, reiteramos as grazas a todas as familias que nos acompañastes. Grazas por axudarnos a compartir a riqueza cultural da nosa comunidade e apoiar as iniciativas educativas.   

Felices Letras Galegas 2025. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario

REVISTA PETISCOS CURSO 2024/2025

 REVISTA PETISCOS  2024/2025 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca e nada mellor que degustar o menú elaborado polos  e  polas grandes ...