MEDRANDO COA LECTURA: O POLO PEPE
VISITA Á EEI DE MEIRA, O VERMIÑO
- ensaios do conto infantil O Polo Pepe
- deseñar unha maqueta do poliño en cartón e tamaño XXL
- elaborar axóuxeres cos grans que se mencionan: trigo, cebada e millo....
Ademais, prepararon a parte musical, cantando a canción e acompañándoa con instrumentos, neste caso, con pandeiretas.
E, finalmente, chegou o gran día, o día da actuación. Diante dun público esixente como son os meniños e meniñas da EEI de Meira, (O Vermiño,) este 12 de Maio maiores e pequenos desfrutaron deste conto-canción. A lectura compartida sempre enriqueceu e enriquecerá o corazón.
Moitísimas grazas ao persoal da EEI por facer posible o encontro e por eses riquísimos aperitivos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario