viernes, 22 de mayo de 2026

SEMANA DO LIBRO

SEMANA DO LIBRO

Cada 23 de abril conmemórase o Día Mundial do Libro para poñer en valor a lectura, a cultura e todo o que os libros nos fan sentir. 

 A data non é froito da casualidade, senón que busca render unha merecidísima homenaxe a escritores da literatura universal como os grandes: William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Garcilaso de la Vega. 

O poder dos libros é inexplicable: permítennos a explorar outras perspectivas do mundo, aportándonos coñecemento e sabedoría;  ensínannos valores e principios para mellorar as relacións persoais a través da xestión emocional e da empatía. En definitiva, son piares para a construción dunha sociedade máis  humana. 

Así, os libros e a lectura foron os eixos centrais para a celebración,  xa non tanto do día en sí, senón da semana. 

Por un lado,  o día 24 levamos a cabo  unha actividade de contacontos grazas a Inma Soto, quen a través das súas obras : Xela, superheroína de aldea e Xela, aventura na fraga nos convidou a coidar e respectar o noso patrimonio natural. Libros para a concienciación medioambiental, sen dúbida. 


      



Por outro banda, para o luns 27 Xalín convidara a todo o alumnado a unha actividade de apadriñamento lector. Non obstante, as condicións metereolóxicas impedíronnos  levala a cabo ata onte, case un mes despois!! Por fin...xuntos/as saímos ao parque da vila, ao Parque Profesor Río Barja, a compartir  merenda, lectura e aventura. 











Ademais, o alumnado de Educación Infantil asistiu a un obradoiro de marcapáxinas e participou activamente nunha fermosísima iniciativa para intercambiar libriños: O TROCACONTOS. 




A lectura continuará acompañándonos os 365 días! Grazas a tod@s!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

SEMANA DO LIBRO

SEMANA DO LIBRO Cada 23 de abril conmemórase o Día Mundial do Libro para poñer en valor a lectura, a cultura e todo o que os libros nos fan ...