O venres 8 maio o alumnado de 5º de Ed. Primaria que participa este curso no programa de Bibliotecas Solidarias tivo a oportunidade de compartir un tempo marabilloso coas persoas usuarias da Residencia de maiores de Meira.
Un encontro que une xeracións, que ensina e enriquece como ningún outro. Este ano uníndoo co proxecto do cole as actividades xiraron arredor da xeografía, da nosa vila (Meira) e tamén do noso país, percorrendo as súas CC.AA e provincias.
Non obstante, tamén houbo espazo para o cálculo mental e a lectura. Pequenas propostas por "estacións" nas que participaron todos e todas, maiores e pequenos/as, intercambiando palabras de agarimo, xestos de apoio e comprensión, respecto, solidariedade e empatía.
Cabe destacar o precioso momento que vivimos con Marisa, quen con moita paixón nos recitou o fermosísimo poema de Avelino Díaz, " As xestas".
Agradecemos a tod@s as persoas por acollernos cos brazos abertos e tamén polo fabuloso agasallo que nos entregaron, un mapa político de España moi grande!







No hay comentarios:
Publicar un comentario