sábado, 9 de mayo de 2026

RADIOVISUAL DO PATRIMONIO


O 6 de maio alumnado do noso cole participou nun programa de O Radiovisual do Patrimonio de Ponte nas Ondas, dentro da campaña Territorio Cultura e en colaboración con Casa de Tolos. Nel a "escola sae ao encontro da memoria", da memoria dun patrimonio de relevo interxeracional e de transmisión de saberes e valores. 

Así, no marco natural incomparable da área recreativa de O Chao do Pousadoiro en A Ribeira de Piquín, os nenos/as con raíces neste concello, xunto co periodista José Manuel Diego foron os encargados/as de entrevistar nada máis e nada menos que ao seu alcalde,  Roberto Fernández Rico;  a Bruno, o noso gran compañeiro gaiteiro de 6º de Ed. Primaria e a recoñecidísima familia Seivane. 

Noventa minutos moi entretidos cargados de cultura, familia, tradicións, lembranzas, agarimo e moita, moita música como a famosa e fermosísima Muiñeira do Chao. 

Deixámosvos o enlace para gozar do programa íntegro tanto no seguinte link como na cabeceira e unhas fotos que testemuñan o marabilloso día que pasamos nesta terra; berce de incalculable patrimonio.

PROGRAMA RADIOVISUAL A RIBEIRA DE PIQUÍN







                  Grazas a tod@s os que o fixeron posible e, especialmente, aos nenos/as locutores pola súa adicación, implicación e interese durante a preparación de cada unha destas entrevistas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

RADIOVISUAL DO PATRIMONIO

O 6 de maio alumnado do noso cole participou nun programa de O Radiovisual do Patrimonio de Ponte nas Ondas, dentro da campaña Territorio Cu...