I EXPO UNIVERSAL
ENCONTRO MULTICULTURAL
LECTURA E FAMILIAS
Viaxar abre a nosa perspectiva cara ao mundo que nos rodea, fomenta a tolerancia e permítenos experimentar de primeira man tradicións, linguas, gastronomía... un patrimonio que as veces non valoramos como se debería.
Así que...que mellor que as persoas nativas deses lugares nos ensinen a súa cultura? Foi así como xurdiu a proposta de pedir colaboración ás familias chegadas doutros países e continentes. Finalmente, grazas a súa xenerosidade, implicación e dedicación conseguimos organizar un encontro moi enriquecedor e educativo.
Deste xeito preparamos no centro 6 espazos, 6 stands, un por continente polos que en grupos ían pasando e sellando o seu pasaporte, como bo/a viaxeiro/a. Trasladámonos así por, Marrocos (África), Venezuela, Cuba e Colombia (América), Portugal (Europa) e China (Asia) con guías turísticas marabillosas, as familias do alumnado do centro nativas neses países.
E, como tiñamos que dar a volta ao mundo á Antártida e a Oceanía tamén había que ir!! Por suposto, conseguímolo! Grazas a dúas mestras xeniais do cole, Sonia e Rocío e a nenos/as de 5º que participaron en parte da presentación.
Coñecemos así diferentes linguas, moedas, bandeiras, platos típicos, traxes, instrumentos, animais, hábitats, tradicións, tipos de casas....e fixemos experimentos con luz, azucre, grans de café, papiroflexia, escritura en árabe, arte de puntillismo aborigen, decoración do galo de Barcelos, tatuaxes de "henna"...
Unha xornada para repetir...sen dúbida! En nome de todo o centro o noso máis sinceiro agradecemento ás familias e profes polo voso compromiso! E, por suposto, aos nenos/as; foron uns/unhas turistas súper curios@s, respectuos@s e agradecid@s.
Aquí vos deixamos unhas fotiños!
ÁFRICA-MARRUECOS
EUROPA-PORTUGAL
ASIA CHINA
AMÉRICA- COLOMBIA, CUBA E VENEZUELA
OCEANÍA
ANTÁRTIDA


























No hay comentarios:
Publicar un comentario