"DE AQUÍ PARA ALÁ"
Rematamos unha semana intensa, cargadiña de actividades. Hoxe, 5 de xuño tivemos o pracer de poder contar con Lydia Botana, quen a través da súa obra De aquí para alá nos convidou a viaxar polo mundo ao son de diferentes músicas e instrumentos. Aspectos culturais moi enriquecedores que definen cada parte do planeta e o converten en especial e única.
Así gozamos co acordeón, co piano, cas claves, cas maracas, ca calimba ...e bailamos ao son da samba, por exemplo. Un divertido e apaixonado percorrido con Bolboreta polas danzas que moven ás persoas de todos os continentes.
Foi unha actividade organizada para nenos/as e familias, dentro do programa Lectura e familias, que por cuestións de aforo se desenvolveu na Casa da Cultura da nosa vila.
Mil graciñas a Lydia e a Vivi, por conducirnos polo marabilloso mundo da cultura musical, do patrimonio inmaterial que nos arrodea e nos alegra a vida.







No hay comentarios:
Publicar un comentario