A CIDADE DO ÁTOMO-
SCAPE ROOM e XOGO DE ORIENTACIÓN
O alumnado de 5º e 6º participante no Club de Lectura enfrontouse ao gran reto dun " scape room" na biblioteca. Tiñan que conseguir descifrar todas as pistas dun xeito colaborativo no grupo. Enigmas e misterios que so podían resolverse mergullándose de novo no libro A cidade do átomo, de Iria Misa que tanto os atrapou.
As imaxes amosan a sesión intensa de investigación que tiveron que facer os distintos axentes dos equipos: Lena, Svetlana e Máscara. Non hai nada que se lles resista a estes/as investigadores!
Non obstante, como actividade transversal de fomento lector e traballo en equipo, organizouse A Gran Caza de Palabras, unha xincana de orientación por oito puntos do colexio, na que catro equipos debían reunir palabras para completar unha frase de temática lectora.




















No hay comentarios:
Publicar un comentario