PRÓXIMO DESTINO....GALICIA!
Xalín regresou das vacacións coa ilusión de volver a acompañar a aprendizaxe de todos os nenos e nenas mentras goza da ledicia desbordante, dos xogos compartidos, das risas espontáneas e do balbordo cheo de vida que xeran os cativos/as cando son felices.
Este ano convídanos a quedarnos pretiño, a admirar e estudar a paisaxe galega, reflexo dun pacto milenario entre terra, mar e humanidade. Impúlsanos a poñer en valor o noso patrimonio material e inmaterial, dende os castros, as lendas, a música... cada elemento conta a historia dun pobo único, irrepetible.
Temos moito que informarnos sobre a nosa Comunidade porque ten moito que ofrecernos. Así que, tal como nos adianta o cartel de Bibliotecas Escolares de Galicia, da información ao coñecemento! Coñezámola a fondo!


No hay comentarios:
Publicar un comentario