sábado, 25 de abril de 2026

ENCONTRO COA ESCRITORA: IRIA MISA


CLUB DE LECTURA: 

ENCONTRO COA ESCRITORA: IRIA MISA

Poucas cousas hai tan máxicas como ler un libro que te atrape e despois ter a sorte e o privilexio de coñecer a súa autora. Por iso, estes días vivimos o encontro con Iria Misa coma un verdadeiro agasallo.

 Os nenos/as pertencentes ao Club de Lectura do cole... Leo, leo...que les? leron este curso dúas obras desta escritora. Por un lado, 3º e 4º de Ed. Primaria, leron Unha veciña de película e 5º e 6º, A cidade do átomo. 

Así, estaban moi ilusionados/as e tamén intrigados/as por moitas das cuestións que arrodean a estas dúas obras literarias e, porque non dicilo, a coñecer a Iria dende o seu lado máis persoal. Ela entregada resolveu todas as dúbidas e curiosidades. Cabe destacar o impacto e interese que tivo para os nenos/as descubrir o acontecido o 26 de abril 1986 coa explosición da Central Nuclear de Chernóbil. 

As lecturas achégannos á historia, á memoria e tamén son excelentes fíos condutores para a reflexión e para  destapar  unha realidade que ás veces nos negamos a ver. 







Infinitas grazas;  Iria Misa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ENCONTRO COA ESCRITORA: IRIA MISA

CLUB DE LECTURA:  ENCONTRO COA ESCRITORA: IRIA MISA Poucas cousas hai tan máxicas como ler un libro que te atrape e despois ter a sorte e o ...