MOCHILAS VIAXEIRAS
Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
(Bibliotecas Escolares de Galicia)
E esa maxia foi a que impulsou a Xalín a preparar as MOCHILAS VIAXEIRAS para o alumnado de 1º a 6º. Non obstante, moi atentos/as porque proximamente o alumnado de Infantil gozará tamén desta fabulosa iniciativa coas súas BOLSAS VIAXEIRAS que contarán ata con moitas máis sorpresas se cabe.
E chámanse así, porque adoran viaxar dun fogar a outro e agasallar con momentos para compartir en familia. Pero, non vaiades a pensar que so hai lecturas, tedes tamén CDs para cantar e bailar, para aprender novas linguas e mesmo un caderno para debuxar ou expresar as vosas sensacións, sentimentos, emocións, vivencias... É dicir, que podedes vós tamén viaxar coa imaxinación sen saír da casa a calquera parte do universo.
Deixádevos levar por esa maxia!!! Feliz viaxe a tod@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario