Observar, explorar, investigar, manipular, experimentar e pór en dúbida as cousas son as mellores maneiras de adquirir un pensamento crítico e comprender dun xeito razoado o mundo que nos arrodea. A ciencia ten esa maxia; esa resposta que buscamos.
Durante estas dúas últimas semanas a biblioteca de Xalín foi testigo de como todos os nenos/as do cole tiveron a oportunidade de experimentar con algo tan cotiá e tan importante como o SON.
E, aquí os tedes, convertidos en científicos e científicas que descobren por qué oímos, como chegan os sons a nós, as diferenzas entre eles, as partes do oído... Sempre hai moito por aprender!
Nestas semanas non so reinvidicamos a importancia da ciencia na escola e na vida, como único camiño para a mellora da humanidade e sociedade, senon que tamén aproveitamos para recalcar a valía da nosa lingua, o galego. Vehículo perfecto para ensinar, enriquecer, avanzar e aprender. Por iso, todos os experimentos ían acompañados dunha guía de presentación nesta lingua, por exemplo:
Moitísimas grazas a todos/as científicos/as que viñeron a mergullarse na ciencia! Xalín estivo encantado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario