viernes, 29 de noviembre de 2019

"NOVEMBRO: MES DA CIENCIA"

Durante o mes de novembro festexamos o "MES DA CIENCIA". Foron moitos os experimentos que fixemos e o ben que o pasamos facéndoos. O Equipo de Biblioteca organizou experimentos para todos os niveis do cole. Todos participaron, desde os máis cativos ata os maiores. Foi unha experiencia positiva e enriquecedora xa que é moito o que se aprende e o que se desfruta. REPETIREMOS!!!








jueves, 28 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O luns 25 de novembro, desde o CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz mostramos a nosa repulsa contra a violencia machista. A educación xoga un papel fundamental na loita contra este tipo de violencia. 






martes, 19 de noviembre de 2019

¡¡¡A FESTA DO MAGOSTO!!!

O venres 8  de novembro celebramos o Magosto no cole. Foron moitos os xogos que fixemos no polideportivo vinculados todos eles coa castaña: as castañas no paracaídas, planta a castaña, roda a castaña, a castaña de man en man...
Pasámolo moi ben!!!!!!!  e ao final dos xogos degustamos estes maravillosos froitos do outono.














jueves, 7 de noviembre de 2019

¡¡¡¡¡O SAMAÍN NO COLE!!!!!!

O mércores 30 de outubro, celebramos a festa máis terrorífica do ano: ¡O SAMAÍN! Foron moitas as actividades que fixemos durante todo o día, Ímolas contar para que vexades o ben que o pasamos. O alumnado de 6º preparou para ser interpretados na biblioteca contos de medo. Os alumnos de 4º recrearon na súa aula unha casa do terror. Todo o alumnado do centro pasou por ela, e máis de un morreu de medo. Na entrada do cole había un pote donde todos os nenos e nenas botaron os seus medos dicindo a frase máxica: "SAPO, SAPOTE, MEDOS AO POTE" para ser queimados despois. Pasámolo fenomenal e aquí vos deixamos mostra con estas fotografías.
















REVISTA PETISCOS CURSO 2024/2025

 REVISTA PETISCOS  2024/2025 Rematamos o curso con moi bo sabor de boca e nada mellor que degustar o menú elaborado polos  e  polas grandes ...