viernes, 7 de febrero de 2020

XA ESTÁN AQUÍ AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!!!

Este mes de febreiro comezaron a funcionar as mochilas viaxeiras para todos os niveis de Primaria. Cada mochila conterá varios libros: un que lles ensinará a mellorar a convivencia, outro libro de experimentos, un libro vinculado coa música, outro de información sobre o tema que se está a tratar na súa clase e outro de inglés. 
Cada familia terá a mochila durante unha semana e nun caderno viaxeiro expoñerán as súas vivencias coa lectura e un dato importante é que as familias proporán melloras de cara ao vindeiro curso que serán tidas moi en conta.



13 DE FEBREIRO- DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe, 13 de Febreiro, queremos conmemorar o DÍA MUNDIAL DA RADIO,  compartindo uns podcasts preparados e gravados por alumnado de 4º, 5º a 6...