Grazas por ensinarnos tanto!!!
lunes, 26 de abril de 2021
Grazas por ensinarnos tanto!!!
sábado, 24 de abril de 2021
23 de ABRIL- DÍA INTERNACIÓNAL DO LIBRO
Xalín amenceu neste importante día, o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, cunha gratísima sorpresa: recibiu 2 extraordinarios agasallos, dúas obras magníficas.
Como sempre se di: o agradecemento é a memoria do corazón. Así que, en nome de Xalín e de toda a Comunidade Educativa do centro, mil grazas tanto a Librería Pedregal, como ao noso compañeiro Raúl e, por extensión, a súa banda.
Grazas, non so pola obras en sí, senon tamén por brindarnos esas palabras con tanto agarimo.
Aproveitamos a ocasión, por suposto, para convidarvos a todos/as a vir a coñecer estas dúas marabillas á casiña de Xalín, á biblioteca.
Non obstante, se a intriga vos fai cóxegas e non podedes agardar máis para gozar das aventuras, a obra de " É TEMPO DE ENTROIDO 2" podedes vela clicando tamén neste enlace: É Tempo de entroido ou escoitar a canción escaneando o seguinte código QR.
MIL GRAZAS, DE CORAZÓN!!
Que emotivo e reconfortante é ver a ilusión e a maxia na mirada dos nosos nenos/as, mentres participan na selección de novas adquisicións para a biblioteca.
Que un conto esperte este sentimento nos máis pequenos/as é o mellor dos triunfos ante a conmemoración do Día do Libro. Sen dúbida, un momento inesquecible e impagable para toda a comunidade educativa.
lunes, 12 de abril de 2021
21 DE MARZO
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Grazas ao Concello de Meira e a implicación de
toda a comunidade educativa, este ano tomamos a decisión de darlle un impulso
ao Horto Escolar, dentro do programa "Educación
Saudable", convencidos da oportunidade que este brinda para traballar,
ademais da alimentación sa, a Educación
Ambiental.
O 21 de Marzo, coa idea de conmemorar o Día
Mundial da Poesía e entrelazando ambas ideas e temáticas programamos a actividade
"SACHANDO POEMAS". Nela os nenos/as puideron, a través desta arte
literaria, estimular a súa imaxinación, expresar e recoñecer sentimentos e
emocións, exercitar a memoria, ampliar o seu vocabulario....
E como non, facernos vibrar e deleitarnos cos
seus versos porque.."ao contacto do
amor, todo o mundo se volve poeta" (Plátón)
Esperemos que vos gusten tanto como a nós!
VOLUNTARIADO
En Marzo, comezou a súa andaina o alumnado de 5º Ed. Primaria como voluntariado da Biblioteca Escolar. O obxectivo é estimular a cultura en relación coa lectura, favorecendo a formación de actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado.
Aquí os tedes en plena acción: participando activamente na montaxe e deseño dun mural para conmemorar o DÍA DA POESÍA.
Mil grazas, rapaces e rapazas, polo voso impecable traballo!!
ESPAZO MAKER
O 1 de Febreiro inaugurabamos, na casiña de Xalín, un novo recuncho, O ESPAZO MAKER. Un lugar para a creación, a imaxinación, o xogo....
Desde ese día moitos nenos/as non faltaron a súa inesquecible cita, medrando mentres resolvían puzzles individualmente,imaxinando novas figuras construindo legos, aprendendo habilidades sociais grazas a xogos en parellas (sempre respectando a norma de ser compañeiros/as de aula)...
Xalín non pode resistirse a sorrir cada día un pouquiño máis e xa está pensando en novos recursos para que os seus visitantes asistan con ilusións e motivacións renovadas... Se tes algunha suxerencia non deixes de escribirlle unha nota ou unha carta!! Seguro que estará encantado de ler as túas palabras!!
II ENCONTRO INTERXERACIONAL
O pasado martes, 18 de Marzo tivemos a sorte e o pracer de poder levar a cabo o II Encontro Interxeracional, dentro da actividade " C...
