martes, 14 de septiembre de 2021

   FELIZ VOLTA AO COLE!!!

"Nós temos a palabra" foi o lema co que inauguramos este prometedor curso escolar 2021/2022. Xalín convidou aos nenos e nenas a participar nesta iniciativa, reflexionando sobre a importancia e o valor da palabra, e da oralidade no seu conxunto.

  A palabra permítenos ás persoas entendernos, expresar sentimentos, empatizar, socializar, debatir.... sendo así a linguaxe unha ferramenta imprescindible para cambiar o mundo. Non cabe dúbida, por tanto, que a biblioteca escolar é un espazo social de encontro para o diálogo, o pensamento, a imaxinación e a aprendizaxe compartida.

Perseguindo este obxectivo os nenos e nenas plasmaron nun mural colectivo palabras significativas cargadas de emoción, sinceridade, realidade e ilusión.

Aquí vos deixamos a marabillosa obra artística!!


 

E antes da despedida compartimos con todos e todas vós a preciosa ilustración do artista visual, Pablo Otero, cartel que acompaña ao lema das Bibliotecas Escolares de Galicia "A biblioteca escolar ten a palabra".  Iniciativa da que partimos e lema que compartimos.

 

 


Ata pronto!!!

II ENCONTRO INTERXERACIONAL

O pasado martes,  18 de Marzo tivemos a sorte e o pracer de poder levar a cabo o  II Encontro Interxeracional, dentro da actividade " C...